Home O Condado Mondariz Luis López asegura que Pablo Barcia ofrece un proxecto ambicioso para Mondariz,...

Luis López asegura que Pablo Barcia ofrece un proxecto ambicioso para Mondariz, centrado nas persoas e na atención ás parroquias

- Anuncio -

• Pablo Barcia destaca que son proxectos que Mondariz necesita e cos que se compromete ao cento por cen, e sinala que si incumpre con algún deles nos dous primeiros anos de mandato, “eu mesmo sería o primeiro en dimitir”.


• A escola infantil 0-3 anos, a residencia para persoas maiores, o comedor escolar, a renovación da praia do Val, o bacheado e a limpeza por todas as parroquias son algúns dos proxectos incluídos no seu programa.

O Partido Popular de Mondariz presentou esta mañá as liñas principais do seu programa de Goberno para os próximos catro anos, no que o candidato á alcaldía, Pablo Barcia, contou co presidente provincial, Luis López, e o responsable de Cultura e Educación do Goberno galego, Román Rodríguez.

Un proxecto que, segundo explicou, está baseado nas necesidades e carencias que ten Mondariz, e que se centran no coidado e na atención das persoas. Así, subliña que son fundamentais a escola infantil 0-3 anos, que en Galicia son gratuítas grazas a unha medida pioneiro do Goberno do PP; a residencia para as persoas maiores; e un comedor escolar de calidade, como medidas fundamentais para a conciliación.

Entre os “proxecto Pablo Barcia”, o candidato á alcaldía tamén inclúe o acondicionamento e renovación da praia do Val, o bacheado e a limpeza por todas as parroquias. “Son proxectos que Mondariz necesita e cos que me comprometo ao cento por cen”, e sinalou que si incumpre con algún deles nos dous primeiros anos de mandato, “eu mesmo sería o primeiro en dimitir. Pero isto non vai ocorrer, porque o meu compromiso é firme. Só pido dous anos para comezar a demostrar todo o que podemos facer por Mondariz e polos seus veciños”. Ademais, dixo que sabe que Mondariz contará co apoio do Goberno galego, “porque sempre está para este concello”.

Durante a súa intervención preguntou si o resto de candidatos, “que prometen e prometen e xa demostraron que son incapaces de executar os seus programas electorais cando gobernan, serán capaces de adquirir este mesmo compromiso”. Para Barcia, “o único que promete proxectos que van ser realidades é o Partido Popular, porque na Xunta ou nos concellos nos que gobernamos xa temos demostrado que cumprimos coa nosa palabra. O noso compromiso, polo tanto, non son bombas de fume, son decisións acordadas, analizadas e valoradas, e que sairán adiante”.
Pola súa banda, o presidente provincial, Luis López, subliñou que é momento de confiar en Pablo Barcia e en toda a candidatura do PP. “Teñen as ideas claras, teñen identificadas perfectamente cales son as prioridades dos veciños. E teñen ambición, unha ambición sana, unha ambición que aspira a mellorar o seu concello, a comprometerse para traballar polos veciños, a deixarse a pel por darlles as respostas que necesitan. Como di o seu lema de campaña, unha verdadeira oportunidade única de futuro”.

Ademais, asegurou que “non se presentan sós. Detrás, empuxando, tamén conta co PP de toda a provincia e do Partido Popular de Galicia. Detrás hai xente que sabe gobernar. Que ten experiencia. Implicada en render desde o primeiro momento e non perder o tempo”.

Por iso, pediu votar o 28 de maio “con cabeza, mirando os programas, sendo conscientes do que cada un dos partidos é capaz de dar e de ofrecer”. E recordou que hai outros dous candidatos “que xa demostraron a súa mala xestión ao fronte deste concello. Fronte a un alcalde que centrou a súa xestión no marketing e no autobombo e descoidando as necesidade e os servizos para os veciños, e fronte a outro alcalde que ten paralizado o concello cunha xestión inexistente, Pablo Barcia ofrece un proxecto ambicioso, realista e comprometido”.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas