Home O Salnés O Grove Luis López asegura que Pablo Leiva ofrece un proxecto serio, dinámico e...

Luis López asegura que Pablo Leiva ofrece un proxecto serio, dinámico e ambicioso para toda esa maioría que quere un cambio no Grove

- Anuncio -

• Pablo Leiva di que é momento de recuperar o tempo perdido para que O Grove avance en turismo, para que se converta nun sitio amable para as familias, con servizos de calidade, apoiando a todos os sectores económicos que son estratéxicos e que supoñen emprego, oportunidades e crecemento… e apoiando a cultura e o deporte.


• Entre as súas propostas, inclúe o Centro de Día, ceder un terreo ao Sergas para o novo Centro de Saúde, fomentar a participación cidadá e a colaboración coas entidades locais, proxectar a ampliación do colexio Rosalía de Castro e o pavillón no IES Monte da Vila, ou ampliar a Casa da Cultura de San Vicente.

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, pediu hoxe a confianza e o apoio de todas as persoas que queren no Grove un Goberno que corrixa a deriva dos últimos anos, porque Pablo Leiva e o seu equipo son a única opción real para garantir o cambio.

Foi durante o mitin no Grove, no que o líder provincial asegurou que Pablo e toda a candidatura do PP ofrecen un proxecto para a maioría e á altura do que necesita este concello, un goberno rigoroso e serio, que deixe de tomar decisións a golpe de redes sociais, que traballe e, sobre todo, que resolva.

López dixo que os veciños están buscando unha alternativa, e xa teñen demostrado que son de quen lle dá respostas e solucións, apoian a quen ofrece ilusión para o futuro, e a quen aposta polos acordos e non polos enfrontamentos. E por iso, engadiu, o próximo domingo os veciños deben valorar si estes anos dun Goberno acomodado, que escapou da rúa e se esqueceu das persoas, poden cambiarse por catro anos de dinamismo e de ambición por recuperar o potencial que ten este concello. Así, criticou que aquí houbo un goberno que tomou decisións en contra da maioría, que creou problemas onde non os había e foi incapaz de dar resposta a cuestións moi importantes para a cidadanía. E cuestionou que, nunha maratón de dúas semanas, pretendan aparentar con anuncios, fotos e titulares o que non fixeron en oito anos.

Pablo Leiva dixo que O Grove ten un enorme potencial, ten grandes oportunidades para crecer, e por iso é momento de recuperar o tempo perdido, para que avance en turismo, para que se converta nun sitio amable para as familias, con servizos de calidade, apoiando a todos os sectores económicos que son estratéxicos para o concello e que supoñen emprego, oportunidades e crecemento… e apoiando a cultura e o deporte. Así, asegurou que o PP preséntase con ilusión e compromiso para situar a este concello no lugar que se merece e non quede atrás, a traballar con humidade, sen ofrecer falsas promesas, e co maior dos compromisos para garantir un futuro mellor para O Grove.

Adiantou que entre os seus compromisos para os próximos catro anos inclúe fomentar a participación cidadá e o apoio ás asociacións, colectivos e entidades como verdadeiros motores do desenvolvemento social do Grove, e para as que se organizarán reunións periódicas para coñecer, escoitar e atender as súas reclamacións desde o Goberno local.

Ademais, os populares apostan pola construción dun novo centro de saúde máis moderno, funcional e accesible, e para iso desde o primeiro momento traballarán para poñer a disposición do Goberno galego o terreo que levan reclamando desde hai anos. En materia de servizos sociais, Leiva aposta por un Centro de Día, xa que “é unha realidade que nos facemos maiores, que hai maior esperanza de vida e máis persoas maiores que necesitarán esta atención a través dun servizo público”.

No seu programa, entre outras iniciativas, inclúen ampliar a Casa da Cultura de San Vicente, un plan de limpeza e mantemento por todos os barrios, ampliar as frecuencias do transporte entre San Vicente e O Grove e garantir que haxa policía local as 24 horas do día.

No eido da educación, inclúen un plan escolar, o mantemento dos centros escolares e proxectar a construción do novo colexio Rosalía de Castro. E tamén ampliar as prazas de educación infantil 0-3 anos, promover novos ciclos formativos, así como a construción dun pavillón no instituto do Monte da Vila.

Relacionadas

O Goberno de Caballero bloquea unha iniciativa do BNG reclamando a alta velocidade entre...

0
A fronte nacionalista trasladou unha proposta de declaración institucional para o vindeiro Pleno municipal que foi vetada pola maioría do PSOE e que o...

A Xunta apoia o Campionato do Mundo de Endurance que converterá Sanxenxo esta semana...

0
O secretario xeral para Deporte destacou o potencial de Galicia como sede de eventos internacionais da motonáutica e, en xeral, para acoller probas deportivas...

O vicepresidente Rafa Domínguez asiste á terceira xornada Triple Hélice organizada polo Foro Empresa...

0
O vicepresidente primeiro da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe á terceira xornada Triple Hélice do Foro Empresa Pontevedra, que levou por título...

Continúa a restauración ambiental do río Couso

0
O sábado 4 de maio retomamos as actividades de restauración ambiental no río Couso mediante a retirada de residuos e a extracción de especies...

A Deputación recomenda aplicar tratamento ante as primeiras manchas de mildio detectadas nas viñas

0
A Estación Fitopatolóxica Areeiro advirte da necesidade de aplicar un tratamento o antes posible nos predios que non o recibiran antes ou naqueles que...

Cuntis pechou o primeiro trimestre de 2024 co seu rexistro de desemprego máis baixo...

0
• O alcalde, Manuel Campos, participou este mércores nunha reunión de traballo do Programa Integrado de Emprego (PIE), do que forma parte o Concello...

Publicacións Relacionadas