Home Pontevedra O Salnés Luis López asegura que Telmo Martín e o PP son unha garantía...

Luis López asegura que Telmo Martín e o PP son unha garantía para todos os veciños de Sanxenxo

- Anuncio -

• Telmo Martín destaca que é fundamental continuar coa liña emprendida en 2017 e que se basea en tres liñas estratéxicas: reducir os impostos, seguir mellorando os servizos municipais e facer as infraestruturas pendentes e que Sanxenxo necesita.


• Recordan que o 28M só hai dúas alternativas: unha maioría absoluta que permita que o concello continúe avanzando e transformándose ou un multipartito no que o prioritario é repartir postos e soldos.

O presidente provincial do Partido Popular, Luis López, pediu hoxe en Sanxenxo “votar con cabeza, mirando os programas, sendo conscientes do que cada partido é capaz de dar e de ofrecer”, e asegurou que Sanxenxo “conta cun Goberno serio e decidido, liderado por Telmo Martín, para seguir traballando e poñer a este concello por riba de todo”.

Foi durante o primeiro mitin da campaña que se celebrou hoxe en Sanxenxo, no que asegurou que o PP “é unha garantía para todos os veciños deste concello”, cun Goberno “que está sempre aportando novas ideas, marcando novas metas, atraendo novos investimentos, poñendo en marcha novos servizos… facendo crecer Sanxenxo, sen conformarse, sen acomodarse. Convertendo a este concello nun auténtico e verdadeiro referente, xa non só en Galicia, senón en todo o país”.

Por iso, recordou que o 28 de maio é importante que o PP volva a gañar por maioría absoluta. “Só hai dúas alternativas: Ou goberna Telmo ou volvemos aos multipartitos que sufristes ben os veciños hai non tanto tempo en Sanxenxo. Multigobernos nos que o prioritario é repartir postos e soldos, que non teñen máis ambición nin proxecto que aspirar a que o Partido Popular quede a uns votos da maioría absoluta”.

O que necesita Sanxenxo, insistiu, “son garantías e estabilidade. E aquí hai feitos, aquí hai realidades. Non hai mensaxes baleiras, nin compromisos que non se asumen. Aquí hai un Goberno do Partido Popular con auténtica vocación de servizo público, de atender e buscar solucións para dar resposta ás demandas e necesidades de todo un concello”.

Pola súa banda, Telmo Martín incidiu en que é fundamental continuar coa liña emprendida en 2017, cando recuperou a alcaldía de Sanxenxo, e que se basea en tres liñas estratéxicas: reducir os impostos, seguir mellorando os servizos municipais e facer as infraestruturas pendentes e que Sanxenxo necesita.

Respecto aos proxectos para o concello e a parroquia de Padriñán, o candidato á reelección destacou a transformación do porto deportivo, a reforma do colexio A Florida e o novo mercado, que conlevará o soterramento dese tramo da avenida de Madrid. Ademais, recordou que hoxe non sería posible celebrar o mitin neste lugar si hai 22 anos non houbesen visto as oportunidades que ofrecía Nauta Sanxenxo.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas