HomePontevedraCaldasLuis López asina co alcalde de Moraña, José Gómez, o convenio para...

Luis López asina co alcalde de Moraña, José Gómez, o convenio para reordenar a contorna da Carballeira de Santa Lucía cun investimento de 450.500€

- Anuncio -spot_img

O presidente da Deputación destaca a achega de 383.000€ do goberno provincial para a financiación dunha obra estratéxica para a mellora dos servizos e imaxe deste concello

A colaboración prevista para este ano do organismo provincial co Concello a través dos plans de Cooperación como o +Provincia e o PEID supera o millón de euros

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asinou este venres o convenio de colaboración co alcalde de Moraña, José Gómez, para o financiamento do proxecto de reordenación do espazo urbano na Carballeira de Santa Lucía e na Rúa Nº 5 ao abeiro do Plan Extra. Un acordo asinado no marco dun novidoso plan de investimentos do goberno provincial que mobiliza ata 38 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para executar proxectos estratéxicos. No Pazo provincial, López e Gómez selaron un acordo a través do cal o organismo provincial achega 383.000€ a un proxecto valorado en máis de 450.500€.  

O proxecto consiste na posta en valor da Carballeira de Santa Lucía, a través da mellora das propiedades do chan e a reordenación dos espazos urbanos da contorna. Unha intervención pensada para favorecer a seguridade viaria, a mobilidade peonil e a accesibilidade dunha das rúas principais do núcleo de Moraña creando espazos de calidade para as persoas. Na carballeira as árbores están en bo estado pero intervirase no chan, que amosa síntomas de compactación e carece do substrato necesario. Ademais instalarase novo mobiliario que integre a Carballeira e o viario da zona.

A colaboración da Deputación co Concello de Moraña non se limita unicamente ao Plan Extra. O Concello ten previsto recibir este ano de mans do organismo provincial máis de un millón de euros a través de programas do servizo de Cooperación como o Plan +Provincia e o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.

Publicacións Relacionadas