HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López asina co alcalde de Rodeiro, José Luis Camiñas, o convenio...

Luis López asina co alcalde de Rodeiro, José Luis Camiñas, o convenio para abrir un centro de día e un punto de atención á infancia no Concello por 1,16M€

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial salienta o compromiso da Deputación para achegar recursos aos concellos para dotar dos mellores servizos á veciñanza do rural da provincia

A colaboración prevista para este ano do organismo provincial co Concello de Rodeiro a través dos plans de Cooperación supera os 1,22M€, que servirán para avanzar na mellora das pistas de pádel ou seguir pavimentando camiños nas parroquias

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de asinar o convenio de colaboración co alcalde de Rodeiro, José Luis Camiñas, para a construción dun edificio polivalente de uso asistencial que albergará un centro de día e un punto de atención infantil. Un acordo asinado no marco do Plan Extra, o novidoso plan de investimentos do goberno provincial que mobiliza ata 38 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para executar proxectos estratéxicos. En Rodeiro, López e Camiñas selaron un acordo a través do cal o organismo provincial achega 500.000€, o importe máximo que lle correspondía ao Concello a través deste Plan Extra, a un proxecto valorado en 1,16 millóns de euros. “Son proxectos estratéxicos dos que transforman pobos como os de Rodeiro e que mellora a calidade de vida dos veciños”, afirmou o presidente Luis López, que amosou o seu “orgullo” por conseguir poñer este edificio, que entra sa na súa derradeira fase, a disposición dos veciños.

O proxecto consiste en finalizar un edificio de carácter asistencial destinado a cubrir as necesidades do municipio e a comarca. Proxéctase un edificio polivalente con dúas funcións principais, na planta alta situarase un Centro de Día con 40 prazas para persoas maiores e na planta baixa un Punto de Atención á Infancia con capacidade para 30 nenos de 0 a 3 anos. Para completar o edificio e que sexa funcional, realizaranse varias actuacións como a colocación de carpinterías exteriores, revestimento de granito na fachada da planta baixa co illamento correspondente, acabados dos interiores e instalación dos sistemas pendentes tanto interiores como exteriores. O deseño busca que as funcións destes servizos estean interconectadas pero con accesos independentes. O proxecto tamén ten en conta o forte desnivel do terreo, creando un espazo axardinado cara á rúa B e un patio inglés que permite a ventilación e iluminación da planta baixa, ademais de xerar unha área recreativa para os nenos. “Son 61 concellos na provincia e infinidade de proxectos, pero non hai ningún que coñeza tan ben coma este”, asegurou o mandatario provincial nunha visita ao seu concello de orixe e no que, segundo avanzou, a Deputación segue traballando noutras actuacións como o mantemento da rede viaria.

A colaboración da Deputación co Concello de Rodeiro non se limita unicamente ao Plan Extra. O Concello recibirá este ano de mans do organismo provincial máis de 1,2M€ a través de programas do servizo de Cooperación como o Plan +Provincia e o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. Programas que posibilitaron a posta en marcha do proxectos estratéxicos como a construción dunha nova pista de pádel e a cuberta conxugando as dúas anualidades dos plans de infraestruturas deportivas ou o preto dun millón de euro destinado ao longos dos anos 2024 e 2025 para a pavimentación dos camiños en distintas parroquias ao abeiro do +Provincia. “No eido municipal, o Concello ten na Deputación unha administración coa que contar e, como veciño,  enorgulléceme facer cousas en Rodeiro e se todos sumamos conseguiremos grandes metas”, concluíu o presidente da Deputación.”

Publicacións Relacionadas