O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este venres ao Festival de Cans que se está a celebrar estes días no Porriño. O mandatario provincial participou na homenaxe que a organización dedicou este ano ao cineasta Alfonso Zarauza, que xa conta coa súa estrela no Torreiro de Cans. “A provincia de Pontevedra é unha potencia cultural”, afirmou o presidente Luis López, quen remarcou o compromiso co sector audiovisual, ao que a Deputación apoia a través de diversos programas entre os que sobresae o patrocinio a seis festivais da provincia, entre eles o de Cans, a través do programa Rías Baixas Film Fest.