Home O Morrazo Moaña Luis López: “Cada día hai máis xente de Moaña co PP, porque...

Luis López: “Cada día hai máis xente de Moaña co PP, porque estamos ofrecendo o mellor de nós, un proxecto máis amplo e máis forte”

- Anuncio -

• Javier Carro pide o voto para todas as persoas que queren que cambien as cousas en Moaña, porque o PP é o único partido que pode garantilo e para iso necesita maioría absoluta o 28 de maio.


• Entre as propostas do seu programa inclúense a construción dun auditorio para Moaña nun edificio único, unha residencia para persoas maiores na Rectoral de Tirán ou a remodelación das beirarrúas nas parroquias de Domaio e Meira.

O presidente provincial do Partido Popular, Luis López, asegurou hoxe que a mellor opción de goberno e de futuro para Moaña son o Partido Popular e o seu candidato á alcaldía, Javier Carro, porque “souberon converterse na referencia política que ilusiona a todos os veciños e foron capaces de construír unha alternativa seria e necesaria nun tempo récord”. Por iso, dixo que “cada día hai máis xente neste concello co Partido Popular, porque estamos ofrecendo o mellor de nós, un proxecto máis amplo e máis forte”.

Foi durante o mitin que se celebrou esta tarde, no que tamén participou Ethel Vázquez, a responsable de Infraestruturas e Mobilidade do Goberno galego. López pediu o voto para Javier Carro o 28M “porque esa papeleta é a do futuro en Moaña”.

O presidente provincial resaltou que o proxecto de Carro para Moaña é diferente, “ten o toque persoal lóxico do candidato, reflicte a transversalidade dun equipo moi amplo e variado, está completamente perfilado para as características deste concello do mar e conta cunhas inquedanzas sociais, de solidariedade, de cercanía e de diversidade que creo que son moi atinadas e que encaixan á perfección no que necesita este concello para os vindeiros catro anos”.

Por iso, recordou que o domingo 28 hai que elixir “entre máis do mesmo, máis pesimismo e menos Moaña ou a Javier e ao seu equipo para que a este concello cheguen cousas, reine o optimismo e cada día Moaña sexa máis, porque os veciños o merecen”.

Pola súa banda, o candidato, Javier Carro, sinalou que se presenta con “ilusión e gañas” para garantir o cambio para Moaña, “e conseguir que este concello avance, deixando atrás as confrontacións, a parálise e o conflito permanente”. E para iso, ofrece diálogo e un equipo comprometido e preparado para gobernar desde o primeiro día.

Así, Carro pediu o voto de todas as persoas que queren que cambien as cousas en Moaña, porque o PP, engadiu, é o único partido que pode garantilo e para iso necesita maioría absoluta o 28 de maio. Do contrario, asegurou que todo seguirá como ata o de agora.

O popular ofrece “un proxecto dinámico, con novas ideas e un goberno que escoite a todas as persoas e a todos os colectivos, sen amiguismos e independentemente da súa ideoloxía, que se implique con eles, que sexa eficiente e que axude ás familias”. Entre as propostas do seu programa inclúense a construción dun auditorio para Moaña nun edificio único, unha residencia para persoas maiores na Rectoral de Tirán ou a remodelación das beirarrúas nas parroquias de Domaio e Meira.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas