Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López comproba en Fornelos de Montes o remate dunha nova senda...

Luis López comproba en Fornelos de Montes o remate dunha nova senda peonil que exemplifica o compromiso da Deputación coa seguridade nas estradas provinciais

- Anuncio -

O presidente provincial, acompañado pola deputada Belén Cachafeiro, adiantou ao alcalde Emiliano Lage as previsións de investimento do ente provincial neste Concello, que neste 2025 poderá superar o millón de euros

A mellora atópase entre as localidades de Fornelos e Estacas, na EP-2801, logo dun investimento de preto de 215.000 euros, máis do 80% a cargo de fondos provinciais

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, pon de manifesto  o impulso á mellora da seguridade viaria na rede de estradas provinciais que está a levar a cabo o organismo provincial nunha visita ao Concello de Fornelos de Montes para comprobar o remate da obra de construción dunha senda peonil na EP-2801 entre as localidades de Fornelos e Estacas que supuxo un investimento de 213.500 euros a través dun convenio de colaboración entre a Deputación e o Concello. Acompañado polo alcalde de Fornelos, Emiliano Lage, e a deputada de Infraestruturas, Belén Cachafeiro; o presidente Luis López percorreu un treito desta nova senda peonil de 210 metros de longo que mellorará a seguridade viaria e a imaxe da estrada. “Non hai semana na que non visitemos concellos para anunciar obras encamiñadas a mellorar a seguridade viaria, aquí en Fornelos temos un exemplo claro”, afirmou o presidente despois de comprobar o remate do proxecto.

A obra supuxo a intervención nun treito de 210 metros, entre os puntos quilométricos PQ 0+000 e PQ 0+210, consistiu nun incremento do ancho das beirarrúas existentes ao longo desta estrada de distintos xeitos. No primeiro treito creouse unha zona de convivencia de preferencia peonil pola presenza de construcións á beira da estrada e no resto do viario implantouse unha senda peonil de 2,50 metros de ancho, así como a instalación dunha nova rede de pluviais e soterramento das liñas eléctricas. A obra está valorada en 213.500€, dos que a Deputación achegou o 80 %, uns 184.000 euros; e o Concello o 20 % restante –dentro destes, 12.600 € corresponden ao Plan Concellos 2023— así como o custo das expropiacións necesarias para ampliar a estrada. “Somos a casa de todos os concellos, onde se poden apoiar para executar proxectos estratéxicos”. Subliñou López.

O encontro entre o presidente provincial e o rexedor de Fornelos de Montes serviu tamén para repasar os investimentos previstos polo goberno provincial para este ano no Concello a través dos distintos plans de cooperación que están en marcha. Deste xeito, a Deputación porá a disposición do goberno local ata un máximo de un millón de euros, dos que 771.900€ corresponden á achega do +Provincia, 85.365€, ao Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas; e ata medio millón de euros, polo Plan Extra. Neste sentido, salientou Luis López que a sensibilidade do goberno provincial con aqueles concellos que sufren os efectos do reto demográfico como Fornelos de Montes vense beneficiados cunha maior aportación de recursos para facer fronte a este desafío. “Seguimos avanzando para facer unha provincia mellor e o mantemento da rede viaria é fundamental porque implica mellorar a calidade de vida”, concluíu o presidente da Deputación.

Relacionadas

Rafa Domínguez participa na estrea do documental “Consello de Galiza”, de Xan Leira

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou esta tarde na estrea do documental “Consello de Galiza, o goberno galego no exilio”, que...

O Concello de Ponteareas solicita 15 millóns de euros para mellorar o acceso á...

0
O Concello de Ponteareas solicitará aos Plans EDIL (Plans de Actuación Integrados de Entidades Locais,) financiado con fondos FEDER 21-27, 15 millóns de euros...

Tui segue a reivindicar a figura de Rosendo Salvado

0
Do 25 de febreiro ao 1 de marzo celebraranse as Xornadas sobre este egrexio tudense Dende o próximo martes 25 de febreiro e até o...

15 comparsas desfilarán este sábado no inicio do Entruido de Soutomaior

0
Este ano Soutomaior volve a  recuperar o seu Entruido máis tradicional , grazas ao traballo de investigación realizado polo antropólogo Rafa Quintía, con actividades...

Luis López amosa o apoio da Deputación, cunha achega de 460.000€, para impulsar programas...

0
O presidente provincial, acompañado polos deputados Roberto Carrero e Sandra Bastos, visita o CIM da Guarda, que recibe a máxima colaboración da Deputación e...

Emilio X. Ínsua ofrece un faladoiro sobre Castelao nas Irmandades da Fala

0
Este venres ás 19.30, na Oficina de Turismo, teremos a segunda actividade vencellada ao Ano Castelao. Trátase dun coloquio arredor da militancia de Castelao...

Publicacións Relacionadas