Home Pontevedra Caldas Luis López destaca a mellora da seguridade viaria na estrada EP-8004, entre...

Luis López destaca a mellora da seguridade viaria na estrada EP-8004, entre Caldas e Vilanoviña, como froito do millón de euros investido pola Deputación

- Anuncio -

O presidente provincial, acompañado polos deputados Isabel Couselo e Javier Tourís, comprobou o remate das obras, que se estenderon ao longo de oito quilómetros

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, resalta o “compromiso” do organismo provincial coa mellora da seguridade viaria da rede de estradas provinciais nunha visita a Portas, para comprobar o remate das obras realizadas na EP-8004. Os traballos, que se estenderon ao longo dun treito de oito quilómetros, supuxeron a achega de preto dun millón de euros por parte da Deputación. “Poñemos a disposición dos veciños e veciñas dos catro concellos polos que transcorre esta estrada e de todas as persoas que a usan unha vía que vertebra o territorio”, sinalou o dirixente despois percorrer un treito da estrada para comprobar o remate das obras acompañado polo alcalde de Portas, Ricardo Martínez; os deputados provinciais Isabel Couselo e Javier Tourís; e membros das corporacións municipais de Portas, Caldas, Meis e Vilanova, concellos que atravesa esta EP-8004.

A intervención, xa rematada, centrouse nun ámbito de oito quilómetros, maioritariamente no termo municipal de Portas, onde se mellorou tanto o firme e a sinalización horizontal, como a seguridade viaria a través da implantación de pasos de peóns sobreelevados. Unha obra que complementa outra realizada con anterioridade en Meis para a construción dunha senda peonil e que terá continuidade nos vindeiros meses con actuacións enmarcadas nos plans provinciais de mellora de firmes ou de cunetas. “Todo esforzo dá os seus froitos e aquí podemos ver a mellora dunha infraestrutura vital para a veciñanza así como a colaboración cos concellos para articular solucións a grandes problemas”, puntualizou López.

Neste sentido, o presidente da Deputación fixo fincapé no “compromiso” da Deputación coas estradas provinciais, que se traduce en accións concretas como a recente adxudicación do contrato de mantemento da rede viaria por 39 millóns de euros para os vindeiros cinco anos, os convenios asinados cos concellos para a mellora das estradas ou o fortalecemento das colaboracións entre as administracións provincial e municipais para ofrecer mellores servizos. “Avanzamos cara obxectivos que perseguimos desde a Deputación, como son mellorar a seguridade viaria e peonil”, puntualizou López.

Despois de dar as grazas aos representantes da empresa adxudicataria e dos representantes dos catro concellos polo traballo realizado, o presidente da Deputación concluíu que “seguimos tendendo pontes para proporcionar mellores servizos á veciñanza, cumprindo a nosa obriga de mellora da rede viaria e traballando en todos os eidos para que a provincia vaia a máis”.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Publicacións Relacionadas