HomeDezaAgoladaLuis López destaca o municipalismo da Deputación para investir máis de medio...

Luis López destaca o municipalismo da Deputación para investir máis de medio millón de euros en reformar a piscina de Agolada

- Anuncio -spot_img

O presidente da Deputación de Pontevedra visitou este martes este municipio da comarca do Deza para asinar un convenio de colaboración enmarcado no programa PON2030 co alcalde Luis Calvo

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, visitou este luns o municipio de Agolada para asinar co alcalde Luis Calvo un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030) a través do cal o goberno provincial financiará con máis de 430.000 euros, o 80 % do orzamento, os traballos para a remodelación integral da piscina municipal deste Concello da comarca do Deza. O Concello, pola súa banda, financiará o 20 % restante, uns 110.000 euros, con fondos a cargo do plan de obras e servizos da Deputación, polo que a totalidade do financiamento corresponde ao organismo provincial. Despois de asinar o acordo, o mandatario provincial sinalou que se trata dun novo exemplo de cooperación institucional entre a Deputación e o Concello de Agolada para transformar e modernizar equipamentos públicos e avanzar no aforro enerxético.

A obra, valorada en case 543.000 euros, servirá para a mellora integral de todo o recinto da piscina municipal de Agolada, que presenta unha estrutura antiga e con defectos provocados polo uso e o paso do tempo. A obra consistirá na demolición do actual edificio dos vestiarios para construír un novo máis accesible, seguro, eficiente e moderno. Ao mesmo tempo, reconstruirase o vaso grande da piscina reducindo a súa profundidade para adaptala á normativa vixente en materia de prevención de afogamentos ata un máximo de 1,65 metros. Tamén se desprazará a ubicación da piscina infantil, mentres que a piscina mediana anularase para aproveitar a escavación existente para construír un semisoto que albergue as instalacións de mantemento de depuración.

Segundo recolle o convenio, as obras deberán estar rematadas antes do 30 de abril de 2025.

A deste martes é a primeira visita institucional de Luis López como presidente da Deputación ao Concello de Agolada. Un fito que o presidente provincial aproveitou para recoñecer o labor de Luis Calvo e o seu equipo de goberno e destacar a importancia do municipalismo que rexe a acción de goberno de ambas as administracións para mellorar os servizos a cidadanía e contribuír a fixar poboación en concellos do rural como o de Agolada.

Publicacións Relacionadas