Home O Salnés Meis Luis López di que Marta Lucio é unha aposta segura para garantir...

Luis López di que Marta Lucio é unha aposta segura para garantir a transformación de Meis e apostar por un concello á altura dos veciños

- Anuncio -

• Mariano Rajoy destaca da candidata que é unha persoa dialogante, que sabe da importancia de ter unha boa interlocución co resto de administracións para chegar a acordos que beneficien a todos.


• Marta Lucio: “Queremos devolver o protagonismo perdido ás parroquias e aos veciños”.

O presidente do PP de Pontevedra, Luis López, sinalou hoxe que Marta Lucio é unha aposta segura para garantir a transformación de Meis e para apostar por un concello renovado, máis forte e á altura dos seus veciños. “Ela e o seu equipo son garantía de compromiso, xestión eficaz e ilusión”, e por iso amosouse convencido de que, como sempre, o PP vai volver a gañar as eleccións en Meis. Iso si, pediu o apoio de todos para facelo por maioría absoluta e non ter que depender de ninguén porque, engadiu, “os que agora critican á alcaldesa e denuncian a súa mala xestión, volverán a apoiala si se presenta a oportunidade”.

Foi durante a presentación da candidatura do PP de Meis ás municipais do 28 de maio, na que tamén participaron o presidente e honra do PPdeG e ex presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e a vicepresidenta segunda do Congreso, Ana Pastor. López recordou que as eleccións de maio “son fundamentais para o futuro dos concellos”, por iso di que “é moi importante elixir ben, apostar por proxectos serios, por equipos que traballen, que teñan ilusión e ideas. No Partido Popular tedes un equipo renovado, tedes un proxecto serio, unha candidata comprometida ao 200%, con moita ilusión e ideas para poñer fin a estes anos de desgoberno e falta de xestión”.

Subliñou que en maio os veciños decidirán “entre a estabilidade e o progreso dun Goberno do PP, ou seguir catro anos máis estancados cun goberno de confrontación e que pouco aportou a mellorar a calidade de vida dos veciños. Cunha alcaldesa máis preocupada en saír nas fotos da presidencia da Mancomunidade que en atender as necesidades dos veciños de Meis”.

Pola súa banda, Mariano Rajoy dixo que Marta coñece ben aos veciños e as súas necesidades, e é a mellor candidata posible para levar adiante os servizos e os investimentos que este concello necesita, con responsabilidade e con rigor, con seriedade e eficiencia. É unha persoa dialogante, que sabe da importancia de ter unha boa interlocución co resto de administracións para chegar a acordos que beneficien a todos.

Ademais, recordou que gañar as eleccións municipais en cada concello por maioría absoluta é un gran paso para conseguir que Feijoó gañe as eleccións xerais de final de ano e sexa presidente do Goberno de España.

“GOBERNAR NON É TAN FÁCIL, E ELES NON SOUBERON FACELO”
A candidata á alcaldía de Meis expresou o seu “agradecemento infinito” por la presencia de Mariano Rajoy, “un dos grandes embaixadores da Ruta da Pedra e da Auga”. Afirmou que presenta unha candidatura plural, diversa, comprometida, e representantiva de toda a sociedade de Meis, que comparte un único obxectivo: “sacar unha maioría ampla para devolver o protagonismo perdido ás parroquias e aos veciños”.

Por iso, comprométese a traballar de xeito serio e con honradez, cunha atención directa e personalizada, e sobre todo con transparencia. “Nos últimos catro anos sufrimos o abandono absoluto das parroquias por unha alcaldsa que tiña máis gusto pola foto que por solucionar os problemas reais das persoas. Un absoluto desgoberno e xestión, co enfrontamento diario co seu socio de goberno. Gobernar non é tan fácil e eles non souberon facelo”.

CANDIDATURA PP DE MEIS

  1. Marta Lucio Gómez
  2. Joaquín Martínez Rodiño
  3. Elisardo Vázquez Fontán
  4. Jairo Paz Santamaría
  5. Adriana Abal Sabarís
  6. Rocío Vázquez Muíños
  7. Tania Laíño Fraga
  8. Marcos Roma Barreiro
  9. Eva María Amor Marcos
  10. Víctor Manuel Ucha Martínez
  11. Sergio Castro Doval

Suplente

  1. Roberto Vázquez Melón
  2. David Moldes Buceta
  3. Emilia Gonzalo Dios
  4. Silvia Fandiño González
  5. Pablo Outón Falcón
  6. María De Los Remedios Doval Casal
  7. Rafael Bemposta Vega
  8. Marina Sabarís Sabarís
  9. María Del Pilar Beloso Fraga
  10. Eugenio Fernández Gómez

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas