Home Pontevedra Campo Lameiro Luís López e Carlos Costa supervisan os últimos detalles organizativos do Festival...

Luís López e Carlos Costa supervisan os últimos detalles organizativos do Festival “Laeros”, organizado polo concello de Campo Lameiro

- Anuncio -

Uns 800 comensais darán conta de 40 costillares que serán preparados para o Xantar Prehistórico que coincidirá cun “Showcooking” a cargo do prestixioso cociñeiro portugués Pedro Cura.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, e o alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, supervisaron os últimos detalles dos preparativos para celebrar mañá domingo a terceira edición do Festival da Arte Rupestre “Laeros” que ten como unha das súas sinais de identidade o Xantar Prehistórico no que uns 800 comensais darán contan de 40 costillares preparados pola Asociación Costillar A Estaca de San Clemente.

Tanto López como Costa prevén que esta terceira edición vaia camiño dun novo récord de asistencia de público como indica que xa con anterioridades estean esgotados os lotes habilitados para o Xantar Prehistórico. 

O Xantar Prehistórico estará preparado pola Asociación Costillar A Estaca de San Clemente e poderá ser degustado nas mesas ubicadas no entorno do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR) en zonas especialmente elixidas á sombra das árbores alí existentes e cos servizos axeitados para a maior comodidade dos comensais. Asaranse, en principio, uns 40 costillares de vacún preparados ao espeto.

SHOWCOOKING PREHISTÓRICO, COMO UNHA DAS NOVIDADES

Carlos Costa indicou que este festival da arte rupestre vai cada ano a máis e nesta ocasión “presentamos como principais novidades un “Showcooking Prehistórico” que estará a cargo da empresa portuguesa Prehistoric Skills que potenciará o apartado gastronómico e situarase na entrada do edificio de interpretación. Fan dende peixe en arxila ata pan de landra pasando por carne en lume directo, recursos mariños en estrutura de cubete, queixo a partir de leite de cabra, etc. Está a cargo de Pedro Cura, un especialista en didáctica e arqueología de prestixio”.

Segundo manifestou o alcalde, “este ano queremos dar un paso máis e facer recreacións da Idade do Bronce Atlántico coa participación da asociación leonesa Boquique, quizais a entidade que mellor coñece a Idade do Bronce na Península. Varios dos seus colaboradores son doutores en Prehistoria. Farán un depósito de machados, que realmente é un encontro ritual entre dúas tribus que remata co enterramento simbólico de machados e bebida. Comezará no poboado e rematará nas proximidades da zona de comida. Pola tarde representarán un enterramento”, comenta Costa.

A PARTICIPACIÓN VECIÑAL, PEZA FUNDAMENTAL

Por outra banda, Carlos Costa referiuse a importancia que ten a participación veciñal no éxito da celebración do festival da arte rupestre “Laeros” e así anunciou que “o máis importante desta celebración é a participación da veciñanza que vai colaborar nesta edición aínda máis sendo protagonista activa do “Laeros”. Así, ademais do colectivo das Mulleres Rurais no poboado este ano haberá un espazo denominado “Xogos Rupestres” que ten seis ou setes xogos creados polo alumnado do CEIP Cerviño (tres en raia, lince, dominó,…), todos inspirados na arte rupestre de Campo Lameiro e Galicia”.

Estamos, segundo dixo o alcalde “ante o “Laeros” máis espectacular polo maior protagonismo das representación e recreacións prehistóricas, o showcooking, os profesionais de primeiro nivel que van a vir e, por suposto, polo gran protagonismo da veciñanza que medra  e forma parte activa do festival”.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas