O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, fixo entrega a ás comunidades de auga beneficiarias do Plan +Aqua da comarca do Morrazo dos documentos acreditativos destas axudas. En total, son catro as entidades de Cangas e Moaña as que se benefician deste plan.
Estas comunidades de auga reciben máis de 35.000 € para desenvolver proxectos relacionados coa mellora das infraestruturas e instalacións de auga comunitaria; implantación de sistemas de dixitalización e eficiencia enerxética que melloren a calidade da auga; a modernización dos sistemas de tratamento; a legalización das novas concesións ou renovación das existentes ou a mellora das captacións e sistemas de almacenamento.