O mandatario provincial, acompañado polo deputado e tamén alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañou o equipo no partido de volta da final da terceira competición máis importante do continente desputado este sábado en Reikiavik
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, felicita ás xogadoras e integrantes do Clib Balonmán Porriño polo extraordinario resultado acadado na Copa EHF, a terceira competición máis importante do continente, na que esta tarde de sábado proclamáronse subcampioas despois de caer pola mínima (25-24) dianto do Valdur no partido de volta da final desputado en Reikiavik, capital de Islandia.
Xunto co deputado e tamén alcalde do Porriño, o mandatario provincial acompañou o equipo nunha das citas máis importantes da historia da entidade. Despois de dous partidos marcados pola igualdade, a balanza decantouse finalmente do lado do cadro local, unha derrota que, segundo salientou o presidente, non debe empanar o excelente labor realizado polas porriñesas ata chegar á final e quedar as portas do título.
“Se somos a provincia do deporte, é por equipos como o Balonmán Porriño”, afirmou o presidente da Deputación, quen deu os parabéns a todo o equipo polo esforzo realizado e por levar o nome de Porriño e da provincia por Europa.