Home Tabeirós Forcarei Luis López: "Hoxe comeza a forxarxe a indiscutible maioría absoluta que Belén...

Luis López: “Hoxe comeza a forxarxe a indiscutible maioría absoluta que Belén Cachafeiro e os veciños van acadar en Forcarei”

- Anuncio -

• Cachafeiro sinala que recuperar a alcaldía “é unha ambición colectiva de moitos focaricenses que non están contentos con esta forma de gobernar, coa propaganda, co autobombo… É unha ambición colectiva para quen ansiamos un concello con futuro, no que se aposte por servizos, por investimentos, por políticas que axuden a fixar poboación no rural”.

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Luis López, sinala que “hoxe comeza a forxarse a indiscutible maioría absoluta que Belén Cachafeiro e todos os veciños van a acadar o 28 de maio en Forcarei”.

Foi durante a celebración do VI Congreso Local do PP, no que Belén Cachafeiro foi reelixida presidenta local. Durante a súa intervención, López recordou que Forcarei é un dos doce concellos da provincia nos que o PP gañou as eleccións en 2019 pero que os seus gobernos locais “levan máis de tres anos repartidos, e moi mal xestionados, entre os perdedores das municipais”. Por iso, engadiu, “é momento de que Forcarei gañe unha alcaldesa de Forcarei para a xente de Forcarei, e que este disposta a renunciar a todo polo seu concello”.

López recordou que “Forcarei é un concello do Partido Popular, onde en todas as citas electorais se supera folgadamente o 50% dos votos e só cabe unha vitoria rotunda, unha maioría suficiente nas eleccións de dentro de 246 días”, e puxo como exemplos os gobernos populares de Manolo Brea, David Raposeiras e Belén, “sempre demostrando a nosa preocupación por esta terra e polos veciños”.

Con respecto á presidenta electa, destacou “que ten moitas vantaxes para volver a ser a alcaldesa de Forcarei, e tamén para que Forcarei volva a ter unha alcaldesa e non unha sede vacante”. Así, dixo que “Belén quere e sinte a Forcarei”, e despois de sete anos e medio de alcaldesa, agora é deputada autonómica no Parlamento Galego, “pero aínda así sempre o dixo, e sempre o tivo claro, que ela quería volver a ser a alcaldesa de Forcarei”.

Pola súa parte, Belén Cachafeiro agradeceu a confianza de todos os afiliados do partido, e subliñou que, coa celebración deste congreso local, quería renovar o seu compromiso con cada afiliado e con cada veciño de Forcarei. “É certo que a política local é sacrificada, pero é moito máis efectiva e gratificante. Máis próxima, e tamén máis humana”, subliñou.

Dixo que recuperar a alcaldía de Forcarei “é unha ambición colectiva de moitos focaricenses que non están contentos con esta forma de gobernar, coa propaganda, co autobombo… É unha ambición colectiva para quen ansiamos un concello con futuro, no que se aposte por servizos, por investimentos, por políticas que axuden a fixar poboación no rural”.

Fronte ao concello de progreso, Cachafeiro lamentou que Forcarei converteuse nos últimos anos, co Goberno socialista de Pichel, nun concello colapsado, sen alcaldesa, sen xestión e sen proxecto. “Nós ofrecemos un partido comprometido, cun proxecto serio e ilusionante. Que administra e resolve os problemas da xente”.

Para conseguir a maioría absoluta, dixo necesitar de todos e cada un dos afiliados do partido. “Todos sodes imprescindibles. Os afiliados sodes a maior forza do noso partido, o pilar que o sostén, os que sempre estades aí. Sodes a nosa voz, os nosos ollos e os nosos oídos. Necesito a todos os veciños que queiran seguir tirando do carro do progreso… porque nós imos gobernar para todos e para todas as forcaricenses. Temos que manter a mesma ilusión, recuperar a confianza dos que dubidaron e convencer aos indecisos”.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas