Home O Salnés Cambados Luis López: “hoxe é un punto de inflexión, tras oito anos para...

Luis López: “hoxe é un punto de inflexión, tras oito anos para esquecer, Cambados vai ter un novo goberno do Partido Popular”

- Anuncio -

• Sabela Fole: “Cambados comeza a súa singradura cara o cambio e todos vós sodes partícipes, porque isto non é cousa dunha persoa, nin dun equipo, nin dunha candidatura, nin dun proxecto, nin dun partido, isto é a ansia de futuro dun pobo”.

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, marcou o día de hoxe como un “punto de inflexión, porque tras oito anos para esquecer, Cambados vai ter un novo goberno do Partido Popular”. Dixo que é fundamental traballar sen folgos para garantir unha maioría absoluta o 28 de maio. “Todos, sen excepción ides ser partícipes do cambio. Estamos a piques de recuperar, para o ben dos veciños, a Alcaldía de Cambados; e por iso pídovos traballo, traballo e traballo para que nestas eleccións Cambados sexa o que gañe”.

Foi durante a presentación da candidatura coa que o PP concorre ás eleccións do 28 de maio en Cambados, na que tamén participaron o responsable de Cultura e Educación do Goberno galego, Román Rodríguez, e tamén interviñeron os ex alcaldes José Manuel Cores Tourís e Luis Aragunde.

Tras agradecer o “gran legado” que deixaron Cores Tourís e Aragunde en Cambados, López puxo en valor “a gran candidatura, o importante traballo e o empuxe de Sabela Fole”. Nesta liña, recoñeceu que “a aposta e compromiso do Partido Popular, a todos os niveis, con Cambados é incuestionable. Porque queremos a Cambados, un concello que forma parte da alma e da idiosincrasia do PP, e porque queremos a esta terra, queremos que teña o mellor goberno posible: un que estea liderado por Sabela, traballado e atendido por este gran equipo, cos proxectos que necesita Cambados, coa máxima preocupación polos veciños e cunha atención directa e cercana. Porque si, porque outro xeito de facer as cousas, outro xeito moito mellor, si é posible en Cambados”.

Pola súa banda, Sabela Fole asegurou que “esta noite Cambados comeza a súa singradura cara o cambio e todos vós sodes partícipes, porque isto non é cousa dunha persoa, nin dun equipo, nin dunha candidatura, nin dun proxecto, nin dun partido, isto é a ansia de futuro dun pobo”.

Durante a súa intervención tamén puxo en valor a xestión de José Manuel Cores Tourís e de Luis Aragunde, “dous alcaldes que fixeron grande este concello e ao noso partido”. E comprometeuse “a seguir a súa senda de xestión e de boa política”. Destacou a todas e cada unha das persoas que compoñen a candidatura coa que o PP concorre ás municipais. “Son Cambados en si mesmo. Son o pobo berrando que isto non pode seguir así. E ademais son valentes, porque non se limitan a dicir que o rumbo de Cambados é nefasto, senón que están aquí, dando a cara e desexando coller o temón deste barco á deriva para poñelo en ruta”.

Sabela Fole dixo que “é necesario que Cambados volva a ser unha referencia e para iso estamos aquí, para iso nos presentamos, co convencemento de que este equipazo e o noso proxecto son os mellores para construír o Cambados que queremos”. Non se resigna a ver catro anos máis “dun goberno cunha xestión ineficaz, incumprimentos, facturas que se eternizan, falla de investimentos importantes, servizos municipais que funcionan mal, pingueiras en edificios públicos, ausencia mínima de fondos para facer calquera obra ou optar a calquera proxecto ou axuda…” Por iso, rematou pedindo moito traballo nas semanas que quedan “para volver a ser Cambados, Cambados con maiúsculas”.

CANDIDATURA DO PP DE CAMBADOS

  1. SABELA FOLE TRIGO
  2. JOSÉ CARLOS TRIGO TRIGO
  3. SILVIA FERNÁNDEZ PÉREZ
  4. JUAN CARLOS GONZÁLEZ VARELA
  5. PABLO ANDRADE HERMIDA
  6. RUBÉN OUTEDA FERNÁNDEZ
  7. SANDRA MARÍA GÓMEZ BLANCO
  8. JOAQUÍN CORES PÉREZ
  9. MARÍA LOURDES SUÁREZ TRONCOSO
  10. ROGELIO FEIJÓO GONZÁLEZ
  11. ALBERTO LORENZO DIOS
  12. ALEJANDRO DAPORTA PADIN
  13. SARA MARTÍNEZ ABAL
  14. LUIS MANUEL PRIETO ÁLVAREZ
  15. SUSANA REY CHAVES
  16. ALEJANDRO PÉREZ PIÑEIRO
  17. MARÍA ROSA MONTERO PÉREZ
    Suplentes:
  18. JOSÉ RAMÓN HÉCTOR CORES GONZALEZ
  19. CARLOS ALBERTO CACABELOS CAAMAÑO
  20. ANA SOMOZA SERANTES
  21. MANUEL PARRACHO CASTRO
  22. MÓNICA MONTSERRAT PEÑA OTERO
  23. RICARDO QUINTÁNS CORES
  24. MARÍA DEL CARMEN REY AGRA
  25. CHRISTIAN CACABELOS LORES
  26. ANA MARÍA CORES FONTENLA
  27. LUIS ARAGUNDE ARAGUNDE

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas