O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibe no Pazo provincial aos organizadores do Campionato de España de Rastro de Xabaril, que celebrará a súa edición numero 32 este ano na provincia, nos montes de Tomiño, o vindeiro 28 de xuño. O mandatario provincial puxo en valor a celebración deste tipo de eventos que atraen visitantes a un concello como Tomiño nun encontro, no que tamén estivo presente a vicepresidenta Luisa Sánchez, cos presidentes da Real Federación Española de Caza, Josep Escandell; da Federación Galega de Caza, Luis Eusebio Fidalgo; o presidente da federación autonómica en Pontevedra, Francisco Couselo; e outros integrantes da organización desta competición no que lle fixeron entrega dun agasallo institucional.