HomeO CondadoAs NevesLuis López: “O PP presenta un equipo renovado, con ilusión e grandes...

Luis López: “O PP presenta un equipo renovado, con ilusión e grandes ideas para recuperar a senda do progreso nas Neves”

- Anuncio -spot_img

José Manuel Alfonso apuntou “as eleccións de maio hai que gañalas con maioría absoluta para evitar outro pacto de perdedores que siga lastrando o crecemento do noso concello”.

• O presidente provincial do Partido Popular, Luis López, apuntou que “o PP ofrece o mellor que ten: un candidato preparado, no mellor momento da súa vida e cunhas ganas e forzas extraordinarias. Unha persoa con gran dinamismo social, cultural e deportivo na vida local. Un candidato con capacidade e proxecto”, e por iso, amosouse convencido de que “hoxe comeza o cambio que o levará a Gobernar nas Neves a partir de maio”.

• Durante a súa intervención, presumiu de que os populares presentan nas Neves “un equipo renovado, con moita ilusión, con moitas ganas, pero sobre todo, con grandes ideas para recuperar a senda do progreso e do crecemento neste concello. Teñen en mente proxectos moi interesantes e necesarios para recuperar o tempo perdido neste concello”.

• E lamentou que o bipartito BNG-PSOE abocase a este concello a estar oito anos estancado, sen proxectos e iniciativas, coas parroquias abandonadas, e nun clima de divisións e de crispación política. “José Manuel e o PP das Neves non se resigna á tristura coa que o BNG leva gobernando este concello durante os últimos oito anos”.

• Amosouse confiado de que “neste concello estamos moi preto de recuperar a alcaldía. Temos un gran candidato, un gran equipo e un gran proxecto. E temos tamén o apoio da inmensa maioría social e veciñal das Neves. Este concello é maioritariamente popular, e necesitamos de todo ese apoio”.

JOSÉ MANUEL ALFONSO: “móveme a paixón e a dedicación aos demais”

• Pola súa banda, José Manuel Alfonso recoñeceu que “foi unha decisión moi meditada e consensuada, porque as grandes decisións non se entenden doutro xeito. Pero sempre me moveu a paixón e a entrega polo traballo e a dedicación aos demais”, e recordou que desde diferentes asociacións sempre estivo comprometido por ensinar e divulgar o territorio. “Eu cando me comprometo, sempre intento dalo todo”.

• Para lograr o cambio, presentarase ás municipais cun gran equipo de mulleres e homes “que desbordan moita ilusión, compromiso e ganas. Estamos traballando para elaborar un programa que parta das necesidades reais e propostas dos veciños. Un programa participativo, que conte con todos e para todos, moi ambicioso, ben estudado e con accións encamiñadas ao desenvolvemento integral do noso concello”.

• Apunta que hai un único obxectivo: “as eleccións de maio hai que gañalas con maioría absoluta para evitar outro pacto de perdedores que siga lastrando o crecemento do noso concello. Esa maioría é real e está ao noso alcance, pero temos que seguir traballando para conseguir o apoio de todas as persoas que queren dar un impulso a este concello”.

ETHEL VÁZQUEZ: “AQUÍ RESPÍRASE MAIORÍA ABSOLUTA”
• Por último, Ethel Vázquez subliñou que “estamos nun momento clave. Hoxe comeza o sprint final cara as municipais, e aquí respírase maioría absoluta”.
• “O PP é un partido serio, estable e que ofrece alternativa moi segura. Ser alcalde é moi importante para o concello, é a primeira persoa á que acoden os veciños, e por iso é importante elixir ben. As Neves necesita un alcalde con cabeza, con criterio, e con corazón, e José Manuel cumpre con estas expectativas. Non se resigna a que As Neves goce de dinamismo co potencial que ten”.

Publicacións Relacionadas