O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de participar este mércores nos actos de inauguración da LXXII Festa do Albariño de Cambados. O mandatario provincial asistiu á lectura do pregón, que este ano correu a cargo da mariscadora Victoria Oubiña; e tomou parte no protocolario acto de corte de cinta que abre oficialmente a festa para, a continuación, facer un percorrido polo paseo da Calzada, onde están os postos de degustación deste viño de denominación de orixe Rías Baixas.
A Deputación amosa o seu apoio a esta festa declarada de interese turístico internacional como un evento que consolida a Cambados e a toda a provincia como unha referencia do enoturismo a nivel global.