Home Pontevedra Luis López pide concentrar o voto no PP para que Pontecesures teña...

Luis López pide concentrar o voto no PP para que Pontecesures teña unha maioría que garanta crecemento e estabilidade

- Anuncio -
  • Juan Manuel Vidal di que é importante non dar un paso atrás en todo o conseguido nos últimos sete anos, e que permitiu corrixir as eivas que deixaron os anteriores gobernos socialistas e nacionalistas, cunha xestión baseada na rutina e esgotada nas ideas.

O presidente do Partido Popular, Luis López, pediu hoxe concentrar o domingo o voto no Partido Popular para conseguir a primeira maioría absoluta en trinta anos en Pontecesures e garantir que José Manuel Vida Seage continúe gobernando este concello cunha maioría que garanta estabilidade e crecemento. “Despois de moitos anos politicamente complicados en Pontecesures, conseguiu que a xestión e o sentidiño se impuxeran neste concello e que se falara de investimentos, de equipamentos, de melloras, de atención aos veciños e de servizos públicos no canto de polémicas estériles e perdas de tempo”.

Foi durante o mitin final de campaña, na que López chamou á mobilización dos veciños. “Vale a pena investir o domingo cinco minutos en votar para non lamentarnos despois durante catro anos”, e recordou que “hai unha situación distinta, un alcalde e un Goberno que merecen moito a pena. É fundamental votar ao PP para non retroceder e non volver aos tempos revoltos”. Nesta liña, criticou que hai paracaidistas de última hora que confían en arrancar algún voto e o que fan é darlle aire e posibilidades ás forzas des esquerda.

Pola súa banda, Vidal Seage destacou que durante os últimos sete anos estivo centrado en impulsar “todas as fortalezas que fixeron de Pontecesures un referente na comarca. Fomos quen de erguer novamente aquelas potencialidades que estaban a esmorecer, nun camiño longo no que tivemos que corrixir as eivas que os anteriores gobernos nacionalistas e socialistas deixaron como triste balance dunha xestión baseada na rutina e esgotada nas ideas e que durante décadas lastraron o desenvolvemento e despegue do concello”. Por iso, di que é fundamental non dar un paso atrás, pide aos veciños que o domingo acudan ás urnas tendo claro que só o voto ao Partido Popular pode garantir que Pontecesures continúe avanzando.

Así, dixo que ofrece unha política clara en materia de infraestruturas que seguirá potenciando o desenvolvemento económico e cultural de Pontecesures; tamén en materia laboral; de mellora de infraestruturas deportivas; no abastecemento, saneamento e depuración; mellora e ampliación de parques infantís e zonas de lecer. Unha política centrada na xeración de emprego de calidade froito da dotación de novo solo industrial e asentamento de tecido produtivo no concello, así como unha política medioambiental de erradicación de puntos de vertidos incontrolados, de coidado e impulso dos aproveitamentos que monte Salqueira Lagoa ofrece tanto a nivel económico como pulmón verde do municipio, de melloras no sistema viario e un impulso a esa mobilidade sostible que axude á coexistencia do tráfico rodado e peonil.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas