Home O Salnés Meaño Luis López pide o apoio para Suso Sueiro para lograr unha maioría...

Luis López pide o apoio para Suso Sueiro para lograr unha maioría que permita a Meaño volver a ser un concello referente

- Anuncio -

• Suso Sueiro amosa a súa ilusión por un proxecto que está “moi definido e planificado para o Meaño do futuro. Que conta cun traballo previo de consenso e de asesoramento para coñecer a viabilidade de cada proxecto e, polo tanto, podemos asegurar que é un programa totalmente realista”

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, pediu hoxe “o apoio e a implicación de todos” para que Suso Sueiro e toda a candidatura consigan unha maioría o 28 de maio que permita a Meaño recuperarse de catro anos de atrasos e volver a ser un concello referente.

“Somos o único partido que pode recuperar o rumbo de Meaño, o que garante proxecto serios, fiables, estables… como o que están ofrecendo o noso candidato Suso e todo o seu equipo”. Nesta liña, puxo en valor que “os grandes alcaldes de Meaño foron do Partido Popular: Jorge Domínguez e Lourdes Ucha. Todos os seus avances, todos os seus proxectos, todo o impulso e empuxe que deron a Meaño e a todas as súas parroquias quedaron paralizados nos últimos catro anos”.

Foi durante a presentación da “única candidatura do Partido Popular á alcaldía de Meaño nas municipais do 28 de maio”, na que ademais de López, tamén participou o responsable de Cultura e Educación do Goberno galego, Román Rodríguez. O presidente provincial destacou que Sueiro “ten cualidades fundamentais” para quen aspira ser o alcalde dos seus veciños: “é unha persoa conciliadora, dialogante, próxima, positiva, que pensa en grande para Meaño, comprometida e que ten experiencia en xestión e política local”.

Por último, recordou que este venres comeza a campaña electoral das eleccións máis importantes para os concellos, “nas que hai que elixir ás persoas, os proxectos e os partidos que son capaces de transformar e desenvolver un pobo”. E recordou que “non é suficiente nin con ser un bo rapaz nin con aspirar unicamente a que o Partido Popular non acade a maioría para poder pactar entre os perdedores das eleccións. Hai que ofrecer moito máis. Hai que xestionar con eficacia e eficiencia, tomar decisións, ter un gran partido que te apoio. E só Suso e a súa candidatura son os que hoxe por hoxe ofrecen xestión, proxecto, equipo e experiencia para este gran concello”.

Pola súa banda, Suso Sueiro agradeceu o apoio de toda a candidatura e de todos os veciños que cada día amosan a súa ilusión por un proxecto que está “moi definido e planificado para o Meaño do futuro. Que conta cun traballo previo de consenso e de asesoramento para coñecer a viabilidade de cada proxecto e, polo tanto, podemos asegurar que é un programa totalmente realista”. Así, algúns dos proxectos que inclúen son mellorar as instalacións do Centro Rural dos Maiores e ampliar a Centro de Día; un cheque bebé de 2.000 euros por nacementos co que asentar poboación; un parque da natureza, lúdico e co máximo respecto á natureza; a ampliación das prazas de aparcamento no centro… “Un proxecto amplo, que conta con todos os sectores do concello, pensado para as persoas e que implica a todas as parroquias”.

Con respecto á candidatura, agradeceu o compromiso, o traballo, as gañas e a ilusión de todo o equipo. “Tomamos como referencia a dous grandes alcaldes do Partido Popular de Meaño, como son Jorge Domínguez e Lourdes Ucha, dúas persoas que tamén tiveron un peso político importante a nivel do partido, para recuperar catro anos perdidos en Meaño”. E, nesta liña, lamentou “o proxecto corto pracista do goberno, sen pensar en dar resposta ás necesidades dos veciños máis urxentes nin preparar ao concello para os retos do futuro”.

CANDIDATURA DO PP DE MEAÑO

1 SUSO SUEIRO MÉNDEZ
2 DAVID COUSO MÉNDEZ
3 IRIA CASTRO CASTRO
4 CARLOS FANDIÑO MEIS
5 MARÍA DE LA CRUZ VÁZQUEZ TORRES
6 ROBUSTIANO VARELA BUDELO
7 DIEGO BESADA GONZÁLEZ
8 LUCÍA FERNÁNDEZ SABORIDO
9 CARMEN BARRAGÁNS PÉREZ
10 FERNANDO ANTELO DASILVA
11 ZAIRA MINIÑO INSUA
12 ÓSCAR MUÑIZ NAVEIRO
13 MARÍA LOURDES UCHA VARELA

SUPLENTES:
1 JUSTO GONZÁLEZ FERNÁNDEZ
2 MARÍA JOSÉ PÉREZ VIÑAS
3 MARÍA ISABEL GARRIDO MUÑOZ

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas