Home Pontevedra Caldas Luis López pide o voto para Iván Caamaño, “que xa exerceu como...

Luis López pide o voto para Iván Caamaño, “que xa exerceu como o auténtico alcalde de Catoira” durante este mandato

- Anuncio -

• Iván Caamaño sinala que o 28 de maio os veciños terán a posibilidade de escoller “entre unha persoa moza, con proxecto e que demostrou que sabe gobernar, ou entre os dous de sempre, que levan 36 anos coa mesma retórica”.

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, pediu esta tarde o voto útil para Iván Caamaño e o seu equipo porque son “a referencia política e a esperanza dos veciños de Catoira”. Así, dixo que fronte a proxectos “esgotados ou sectarios”, Iván e o PP representan “o futuro, o traballo, as ideas, a consecución de máis investimentos, o progreso e a atención aos veciños. Catoira necesita un cambio de marcha, Catoira precisa que a revolución tranquila, con cabeza e sentidiño que representa Iván, tome as rendas do concello e se poña a traballar a outro ritmo”.

Foi durante a celebración dun mitin, no que tamén participou a responsable de Infraestruturas e Mobilidade do Goberno galego, Ethel Vázquez. López recordou que durante este mandato, “Iván xa exerceu como o auténtico alcalde, conseguindo investimentos millonarios para Catoira e atendendo un por un a todos os veciños”. Nesta liña, destacou “a súa intelixencia, a súa capacidade de traballo, a súa vontade e as súas gañas e ilusión por defender e mellorar a vida dos veciños de Catoira”.

Nesta mesma liña incidiu o candidato, que dixo que o 28 de maio os veciños terán a posibilidade de escoller “entre unha persoa moza, con proxecto e que demostrou que sabe gobernar, ou entre os dous de sempre, que levan 36 anos coa mesma retórica”. Así, critica o desgaste de PSOE e BNG que, despois de todo este tempo, “foron incapaces de facer unha lista que cumpra as condicións mínimas para gobernar”.

Caamaño puxo en valor o feito estes catro anos, “no que levamos adiante investimentos e proxectos por valor de máis de 5M€, demostrando que somos capaces de gobernar”. Un aval que, engadiu, está seguro de que os veciños van valoralo para elixir, de forma maioritaria, ao equipo de Iván Caamaño para gobernar os vindeiros 4 anos. “Representamos á maioría dos catoirense. Somos un partido unido, comprometido, que atende e entende a todos os veciños por igual, independentemente de a quen voten, fronte á radicalidade doutros partidos en Catoira”.

Relacionadas

A Deputación supervisa os traballos que está a desenvolver para a conservación e mellora...

0
Os deputados provinciais Isabel Couselo e Javier Tourís visitaron xunto co alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, os traballos incluídos no acordo marco de obras...

O BNG de Vigo presenta máis de 150 alternativas ao proxecto de Orzamentos Municipais...

0
A fronte nacionalista rexistra unha ampla batería de emendas parciais por importe de 22 millóns para que as contas do Concello do vindeiro ano...

Tecnoloxía de vangarda para unha xestión eficiente da auga en Tomiño

0
O Concello inviste 45.000 na instalación de contadores intelixentes en vivendas para reducir fugas e optimizar o consumo financiado ao 80% por Augas de...

O Concello de Redondela presenta a programación do 25N co lema “Sempre hai saída”

0
O programa inclúe conferencias, exposicións, clases de autodefensa, contaconto, performance e obradoiros para o alumnado de institutos e colexios. A alcaldesa, Digna Rivas, salientou...

A Deputación e Editorial Galaxia imaxinan escenarios futuros para a cultura no 1º Foro...

0
Co lema ‘Pensar para Adiante. Culturas, Artes e Identidades’, o encontro reúne este xoves no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra a Germán Labrador,...

O BNG rexeita que Jorge Cubela suba a taxa do lixo de 45 a...

0
Ernesto Filgueira: “Ao PP, cando está na oposición, éncheselle a boca a falar de reducir taxas e impostos, pero cando teñen a oportunidade de...

Publicacións Relacionadas