Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López remarca a importancia da xestión dos residuos cun investimento de...

Luis López remarca a importancia da xestión dos residuos cun investimento de 450.000 euros en Ribadumia para implantar o contedor marrón

- Anuncio -

O presidente do goberno provincial realizou a súa primeira visita institucional a este Concello para asinar un convenio enmarcado no programa PON2030 co alcalde David Castro

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, visitou este luns o Concello de Ribadumia para asinar co alcalde David José Castro convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030) a través do cal o goberno provincial financiará con máis 200.000 euros, o 44 % do orzamento, o proxecto para a recollida de residuos sólidos urbanos neste municipio. O Concello, pola súa banda, achega o 56 % restante, uns 250.000 euros. “É un convenio moi importante para Ribadumia e para marcar un camiño que deben seguir os concellos. Temos retos que afrontar desde o punto de vista do medio ambiente, como é a implantación do contedor marrón e Ribadumia vai na cabeceira”, declarou o mandatario provincial despois de asinar o acordo para remarcar a importancia que o goberno da Deputación lle dá á xestión dos residuos.

O proxecto, valorado en máis de 450.000 euros, consiste na dotación para o Concello de Ribadumia de dous camións para a recollida de residuos, un con recolector de carga traseira e outro con equipo recolectos satélite que se encargarán da recollida da fracción do contedor verde e do contedor marrón. De xeito paralelo, o plan inclúe tamén a instalación de contedores para restos orgánicos (contedor marrón) para o casco urbano de Ribadumia, así como a posta en marcha dunha experiencia piloto con colectores para plástico e cartón individuais nas parroquias de Barrantes e Sisán. Con este convenio, o Concello adquirirá taén un equipo para a limpeza dos contedores.

Segundo recolle o convenio, o proxecto deberá estar implantado antes do 30 de abril de 2025. A sinatura deste protocolo entre Deputación e Concello de Baiona realízase coa modificación das bases do programa PON2030 xa en vigor. Unha modificación que fai compatible a achega da Deputación coas subvencións doutras administracións sen que o montante concedido ao Concello polo goberno provincial se vexa reducido.

A deste luns foi a primeira visita institucional de Luis López a Ribadumia como presidente da Deputación, unha visita que aproveitou para reiterar o compromiso da Deputación coa cooperación cos concellos facendo unha mención especial á liña do programa PON2030 centrada na xestión dos residuos, pola que apostou o Concello de Ribadumia. “Para que a provincia vaia a máis, este lugar fenomenal do Salnés ten moito que dicir”, rematou o presidente.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas