Home Pontevedra Baixo Miño Luis López remarca os preto de 1,2 millóns de euros do Plan...

Luis López remarca os preto de 1,2 millóns de euros do Plan +Provincia que acaba de aprobar a Deputación para que sete concellos impulsen investimentos e afronten gasto corrente

- Anuncio -

Os novos recursos beneficiarán a Cambados, Gondomar, O Grove, O Porriño, O Rosal, Vila de Cruces e Vilaboa

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar preto de 1,2 millóns de euros para que sete concellos da provincia impulsen novos investimentos ao abeiro da liña 1 e afronten gasto corrente no marco da liña 2 do Plan +Provincia. En concreto, benefícianse destes recursos Cambados, Gondomar, O Grove, O Porriño, O Rosal, Vila de Cruces e Vilaboa. Servirán, en palabras do presidente provincial Luis López, para “traballos de pavimentación ou mellora de camiños e outros espazos públicos, así como gastos correntes de actividades e tamén do consumo eléctrico”. En total, o goberno provincial xa aprobou este ano 27,9 millóns de euros dos 48,2 dos que está dotado este programa para transformar a vida das veciñas e veciños dos concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes.

O presidente provincial remarcou algunhas das iniciativas de elevada contía que van acometer os concellos cos recursos provinciais. Neste eido subliñou o acondicionamento do pavillón de deportes de Conmeniño, no Grove, no que estivo onte mesmo para dar conta dos recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. Este pavillón será acondicionado integramente pola Deputación de Pontevedra, con 315.000 euros de fondos provinciais que proveñen do citado plan (74.000 euros) e dos recursos aprobados nesta Xunta de Goberno no marco do +Provincia (241.000 euros).

Ademais aprobáronse 262.264 euros para Vila de Cruces, tal e como tamén avanzou onte o presidente Luis López ao seu alcalde. Con estes recursos, o concello dezá mellorará a capa de rodaxe de camiños en Beuvas e O Camballón, entre outros, cun investimento de 194.504 euros, e acondicionará o espazo público na Travesía Vázquez nº4, por valor de 67.760 euros.

Completan os recursos da liña 1 do Plan +Provincia outros 186.308 euros para que Vilaboa mellore a seguridade viaria e a drenaxe en Nores; 177.286 euros para que O Porriño mellore camiños municipais en Torneiros e Pontellas; e  104.781 euros para que Gondomar pavimente e canalice pluviais nas rúas Fontán e Texosa. Pola súa banda, no marco da liña 2, O Rosal recibirá 152.347 euros para gasto corrente de enerxía eléctrica e Cambados 87.103 euros para afrontar gastos derivados da programación cultural, deportiva e social do concello.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste ao partido da European Cup Feminina entre o Club...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe ao partido de volta dos oitavos de final da European Cup Feminina, que enfrentou ao Conservas Orbe Zendal BM Porriño e...

O BNG de Vigo pedirá a retirada da proposta de Dolores Galovart como nova...

0
A fronte nacionalista insiste en demandar un diálogo entre todos os grupos que permita unha designación unánime fronte ao “dedazo absolutista” que pretende Caballero Advirten...

A Deputación abre este luns o prazo para participar na ruta ornitolóxica de Voando...

0
Da man de SEO/BirdLife, as actividades deste ano comezarán o próximo 2 de febreiro en Nigrán, nunha zona de alto valor ecolóxico que destaca...

Luis López salienta o traballo a prol da inclusión das persoas maiores e con...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo alcalde da Lama, David Carrera, visita as instalacións que a Fundación Ofirvida ten neste...

A Deputación levou no 2024 a preto de 13.000 persoas a desfrutar dos recunchos...

0
En total, gozaron de excursións ao abeiro deste programa 202 entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, de maiores, veciñais, culturais e ANPAS de...

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á sétima edición do Certame de Rondallas da Área...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe á sétima edición do Certame de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo, un espectáculo que reuniu...

Publicacións Relacionadas