Home Pontevedra Deza Luis López: “Rodeiro chegará a outro nivel con Cati Somoza”

Luis López: “Rodeiro chegará a outro nivel con Cati Somoza”

- Anuncio -

● A candidata pediu o apoio rotundo para conseguir “o mellor goberno local da nosa historia” e adiantou “van ser anos moi froitíferos, anos de mellora da nosa socioeconomía que nos permitirán seguir sendo o concello coa renda per cápita por habitante máis alta do interior de Galicia”.


● Sinalan que en maio hai dúas opcións: “ou Cati se converte na primeira alcaldesa de Rodeiro e comeza a gobernar desde o primeiro día, ou artellarase un pacto de perdedores tras moitas discusións de postos e soldos para armar un bipartito”.

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Luis López, enxalzou hoxe a candidatura do PP de Rodeiro, liderada por Cati Somoza, que en maio “vaise converter na primeira alcaldesa do noso concello” e coa que este concello “vai chegar a outro nivel”: “Eu din durante case dez anos o mellor que tiña, cos meus acertos e cos meus erros, pero tratando de atendervos do mellor xeito a todos e loitando porque este concello seguira avanzando como referencia do rural e do sector agrario. Pero con Cati, Rodeiro vai chegar a outro nivel”. Nesta liña, recordou que “foi a mellor tenente de alcalde, durante nove anos exerceu de magnífica escudeira, leal, traballadora, cercana, preparada, humilde, tranquila, reflexiva…”

Foi durante a presentación da candidatura coa que o Partido Popular concorre ás municipais do 28 de maio en Rodeiro, na que tamén participou o coordinador comarcal do PP de Pontevedra e responsable galego de Cultura e Educación, Román Rodríguez. López recordou que en Rodeiro hai dúas opcións o 28 de maio: “ou o PP ten maioría absoluta, Cati é alcaldesa e comezamos a gobernar dende o primeiro minuto a prol dos veciños ou, se nos falta un voto, artellarase un pacto de perdedores tras moitas discusións de postos e soldos para armar un bipartito, unha coalición mal avenida na que importarán os egos e non os veciños de Rodeiro”. Con respecto ao resto de candidatos, recordou que aspirante socialista “fala moito do pasado dos demais pero hai que lembrar que foi o home forte daquel nefasto bipartito que, rapidamente, e de xeito moi intelixente, desbotastes os veciños á primeira oportunidade”. E sobre o candidato de Unidade, subliñou que “deben cambiar de nome e chamarse Partido Anti-Rodeiro, porque non pode ser doutro xeito un partido que actúa sempre contra os veciños, poñendo paus nas rodas, porque eles prefiren perxudicarvos con tal de danar ao goberno local e ao Partido Popular. Téñenlle xenreira a este pobo porque non lles gusta o que votades”.

“NON HAI MELLOR EQUIPO PARA DIRIXIR ESTE CONCELLO”
Pola súa banda, Cati Somoza dixo durante a súa intervención que concibe a política “para axudar aos veciños de Rodeiro e contribuír ao desenvolvemento deste concello. Non a concibo máis alá”, e recoñeceu estar “no mellor momento da miña vida, de enerxía, de forza, de experiencia, de ilusión e creo que, despois do cariño que me demostrastes sempre, teño a obriga, o deber e o sentimento de que debo corresponderlle a Rodeiro entregándolle todos estes vindeiros anos”. Por iso, pediu “o apoio rotundo para que sexa como alcaldesa, a primeira alcaldesa da historia deste concello, porque creo que coa ilusión e enerxía que temos, con este equipazo que me acompaña e que creo que vai ser o mellor goberno local da nosa historia e co proxecto, as ideas e atención cercana que pretendemos implantar van ser anos moi froitíferos, anos de mellora da nosa socioeconomía que nos permitirán seguir sendo o concello coa renda per cápita por habitante máis alta do interior de Galicia”.

Con respecto á candidatura, Cati subliñou que está formada “por xente preparada, xente con gañas e, con toda humildade, creo que non pode haber mellor equipo para dirixir a este concello durante os vindeiros anos”. Tamén destinou unhas palabras a describir o proxecto do PP para os vindeiros anos: “un concello de portas abertas, un concello onde vos imos atender a todos sempre porque, para min, a cercanía é o que lle dá sentido a todo isto”. Ademais, apostará por seguir ofrecendo máis servizos “e completar esta vila como un centro onde teñades todos os servizos posibles”. No caso do rural, recoñeceu que xa están percorrendo as parroquias. Así, explicou que teñen unha folla de ruta central para o rural que ten sete eixos: “forte investimento en mellora e mantemento de pistas con máis de 3 millóns de euros na lexislatura; plan de mantemento do alumeado público; a recollida de lixo cremos que vos ten satisfeitos, pero queremos facer axustes e pequenas melloras ampliando contedores, frecuencias e outras cuestións; imos xestionar con outras administracións a mellora da cobertura de internet e de televisión; acondicionamento de fontes e lavadoiros, e de espazos e prazas públicas no centros das parroquias; colaboración coas asociacións veciñais e coas comunidades de usuarios para a modernización, mellora, ampliación e implantación de traídas de augas; e apoio ao noso agro, ás nosas empresas, ao noso comercio, á nosa hostalería e aos nosos autónomos, porque é fundamental que haxa xeración de riqueza e postos de traballo para que Rodeiro teña o futuro que merece”.

CANDIDATURA DO PP DE RODEIRO

1 CATI SOMOZA CALVIÑO
2 JESÚS LÓPEZ DIÉGUEZ
3 ELENA GAMALLO MOURE
4 RUBÉN QUINTÁ QUINTÁ
5 PABLO CUÑARRO FERNÁNDEZ
6 ANA BELÉN CALVO MARIÑO
7 ALEJANDRO CAMBEIRO CARDELLE
8 DAVID JORGE CARRAL
9 MARÍA DOLORES SIMÓN VALLADARES
10 JOSÉ MANUEL FERNÁNDEZ OTERO
11 SHAILA AREÁN VÁZQUEZ

SUPLENTES:
1 MIRIAN EIRIZ SOBRADO
2 MARÍA ISABEL FERNÁNDEZ BARDELAS
3 ARIANNA CAMBEIRO SAA
4 MARÍA CRUZ BUJÁN GARCÍA
5 JESÚS FERNÁNDEZ ALBOR
6 GONZALO FERNÁNDEZ PALLARES
7 MARÍA ISABEL DIÉGUEZ MÉNDEZ
8 IAGO DIÉGUEZ ALONSO
9 PABLO SOBRADO VÁZQUEZ
10 LUIS LÓPEZ DIÉGUEZ

Relacionadas

0
Formación sobre a enfermidade de Alzheimer mañá co programa Covelo Cóidate Mañá xoves de 16:30 a 19:00 horas no auditorio municipal impartirase esta formación froito...

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés cubre once prazas de especialistas no...

0
― O Hospital Provincial acolleu esta mañá o acto de toma de posesión de boa parte dos facultativos, que acadaron praza fixa no Sergas...

A Xunta lamenta que o Partido Socialista Pretenda incumprir a Lei de Costas Estatal...

0
— O conselleiro Román Rodríguez subliña que construír un pavillón neste centro non é unha cuestión de “vontade política” senón de “legalidade” urbanística — Lembra...

A Oficina Móbil do Retorno da Xunta de Galicia chega a Ponteareas para asesorar...

0
• A iniciativa ofrece unha atención personalizada para a integración das familias retornadas a Galicia • O obxectivo é axudar ás persoas a desenvolverse no...

Baiona aplaude a iniciativa da Deputación de Pontevedra para mellorar os espazos xuvenís na...

0
Nun encontro celebrado na localidade de Barosa, en Barro, o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo deputado de Cultura, Reto Demográfico...

Luis López sinala a nova ponte de Fontenla, en Ponteareas, como un exemplo da...

0
O presidente provincial, acompañado pola alcaldesa e deputada de Turismo, Nava Castro, comprobou o remate dunha obra no que a Deputación investiu 50.000 euros “Obras...

Publicacións Relacionadas