HomePontevedraA ParadantaLuis López salienta a achega dun millón de euros da Deputación para...

Luis López salienta a achega dun millón de euros da Deputación para construír en Crecente un campo de fútbol “do máis alto nivel” da provincia

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial, acompañado polo alcalde Julio César García Luengo, comproba o comezo da primeira fase do proxecto, financiado ao 100 % polo ente provincial, para dotar de novos vestiarios, iluminación e cuberta a este recinto deportivo

“O proxecto está moi ben estruturado polo Concello de Crecente, non é doado chegar a proxectos ambiciosos e cun financiamento tan alto”, valora López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, comprobou este martes o comezo das obras de construción do novo campo de Crecente, un proxecto valorado en 492.000 euros financiados ao 100 % polo organismo provincial a través dos programas PON2030 e +Provincia. Un proxecto que dotará ao Concello de Crecente dunha infraestrutura deportiva moderna e que avanza na consolidación de Pontevedra como “a provincia do deporte”. Acompañado polo alcalde, Julio César García-Luengo, o presidente Luis López percorreu unhas instalacións deportivas que serán completamente renovadas nunha intervención dividida en dúas fases. A primeira xa está en marcha para construír un novo módulo de vestiarios e, a segunda, executarase ao abeiro do novidoso Plan Extra da Deputación para dotar ao recinto de céspede artificial. “Crecente vai ter un campo de fútbol do máis alto nivel da provincia e de Galicia, vai ser un referente polo bo facer á hora de deseñar este proxecto”, afirmou López.

A obra en marcha consiste na demolición das construcións existentes, que estaban obsoletas, para construír logo uns novos volumes que albergarán vestiarios, almacéns, enfermería e salas de reunións máis modernas e confortables que as existentes. Así mesmo, o proxecto aposta pola eficiencia enerxética coa implantación dun sistema de iluminación LED do complexo, así como dunha caldeira de biomasa para quentar a auga e un sistema de aproveitamento da auga da chuvia para regar o campo. Por outro lado, a bancada contará cunha nova cuberta, haberá zonas de quecemento específicas completamente equipadas e un sistema de tiras LED nas barandillas perimetrais do terreo de xogo para modernizar os adestramentos dos deportistas. Para unha segunda fase, na que a Deputación achegará medio millón de euros a través do Plan Extra, queda a instalación de céspede artificial no terreo de xogo.

“Na parte económica, o proxecto está moi ben estruturado polo Concello de Crecente. Non é doado chegar a proxectos ambiciosos e cun financiamento tan alto e todo dunha vez”, valorou o presidente provincial, quen recoñeceu o traballo do rexedor Julio César García-Luengo para atopar solucións para poder executar os proxectos formulados polo goberno local.

O presidente Luis López, que reafirmou o compromiso da Deputación para afrontar o reto demográfico, amosou a vontade do goberno da Deputación de seguir colaborando con concellos coma o de Crecente, que recibirá este ano un total de 1,08 millóns de euros a través dos programas provinciais de cooperación como o +Provincia, o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas e o Plan Extra.

Publicacións Relacionadas