HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López salienta que o Plan +Provincia da Deputación mobiliza esta semana...

Luis López salienta que o Plan +Provincia da Deputación mobiliza esta semana 1,4 millóns euros para que oito concellos impulsen investimentos, afronten gasto corrente e contraten persoal

- Anuncio -spot_img

Estes novos recursos beneficiarán a Covelo, A Guarda, Marín, Ponte Caldelas, Redondela, Silleda, Tomiño e Vilagarcía de Arousa

A institución provincial aprobou xa 5,6 millóns de euros para os concellos de menos de 50.000 habitantes ao abeiro deste plan de obras e servizos de competencia municipal

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar 1,4 millóns de euros para que oito concellos da provincia impulsen novos investimento, afronten gasto corrente e contraten a 98 persoas ao abeiro das tres primeiras liña do Plan +Provincia 2025. En concreto, son Covelo, A Guarda, Marín, Ponte Caldelas, Redondela, Silleda, Tomiño e Vilagarcía de Arousa. O presidente provincial, Luis López, asegurou que o goberno provincial segue “avanzando, unha semana máis, no reparto de fondos do +Provincia, o plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da historia da Deputación, que xa leva distribuídos 5,6 M€ neste 2025 entre os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes”.

Desta maneira, na liña 1, de investimentos, aprobáronse 170.000 euros para A Guarda e Ponte Caldelas. En concreto, A Guarda recibirá 100.500 euros para a adquisición dun inmoble na rúa Ireira, mentres que Ponte Caldelas contará con 69.902 euros para a construción dunha pista de pádel cuberta e a adecuación dunha pista de tenis, unha obra que completa o seu orzamento con 109.947 € que tamén foron aprobados ao abeiro do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. Pola súa banda, Silleda recibirá 74.578 euros da liña 2, de gasto corrente, para financiar os servizos enerxéticos e de mantemento integral do alumeado público exterior.

Ademais, no marco da liña 3, de emprego,  a Deputación aprobou preto de 1,2 millóns de euros para que os concellos de Covelo, Marín, Redondela, Silleda, Tomiño e Vilagarcía poidan contratar a 98 persoas desempregadas. Deste xeito, Covelo recibirá 111.163 € para contratar a 14 traballadores como peóns forestais (8), condutores (2), peóns de limpeza (2), auxiliar administrativo (1) e albanel (1); Marín 15.682 € para 14 traballadores: peóns de obras (11) e conserxes (3); Redondela 238.843 € para 11 traballadores: peóns de obras e servizos (7), guías turísticos (3) e axudante de servizos para actuacións de electricidade (1); Silleda 120.501 € para 7 traballadores: varredores (3), operarios de bacheo (2) e operarios de servizos varios (2); Tomiño 266.271 € para 19 traballadores: peóns de xardinería (11), peóns da construción (2), instalador electricista en xeral oficial de 1ª (1), técnico administrativo en xeral (1), traballador social (1), mecánico de mantemento e reparación de automoción en xeral oficial de 2ª (1), soldador de estruturas metálicas lixeiras (1) e enxeñeiro técnico forestal/biólogo (1), e Vilagarcía 284.682 € para contratar a 33 traballadores que desenvolverán funcións de peóns axudantes albaneis (12), peóns pintores e/ou empapeladores (6), peóns forestais (4), peóns traballadores de conservación de parques urbanos, xardíns históricos e botánicos (4), axudantes mantedores de instalacións deportivas (2), peóns instaladores electricistas (2), peón condutor operador de retroescavadora (1), peón laceiro (1) e peón fontaneiro (1).

Publicacións Relacionadas