HomePontevedraA ParadantaLuis López salienta que o Plan +Provincia da Deputación mobiliza esta semana...

Luis López salienta que o Plan +Provincia da Deputación mobiliza esta semana preto de 1 millón de euros para nove concellos

- Anuncio -spot_img

Estes novos recursos beneficiarán a Catoira, Crecente, Forcarei, Meis, Poio, O Rosal, Salceda de Caselas, Tomiño e Tui

Cos recursos da liña 1 do Plan +Provincia aprobados esta semana vanse completar integramente actuacións no Rosal, Tui e Forcarei que mobilizan un total de 1,8 millóns de euros

O presidente provincial recordou que o Plan +Provincia destinou xa máis de 37 millóns de euros aos concellos de menos de 50.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar preto de 1 millón de euros para que Catoira, Crecente, Forcarei, Meis, Poio, O Rosal, Salceda de Caselas, Tomiño e Tui impulsen novos investimentos e afronten gasto corrente a través das liñas 1 e 2 do Plan +Provincia 2025. O presidente provincial, Luis López, asegurou que a Deputación segue “avanzando, unha semana máis, no reparto de fondos do +Provincia, o plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da historia da Deputación, que xa leva distribuídos máis de 37 millóns de euros neste 2025 entre os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes”.

Dos recursos aprobados en Xunta de Goberno, 892.000 € pertencen á liña 1, de investimentos, e serán destinados a Crecente, Forcarei, Poio, O Rosal, Tomiño, Tui, Catoira, Meis e Salceda de Caselas.  No caso do Rosal, Tui e Forcarei, servirán para completar integramente actuacións que mobilizan un total de 1,8 millóns de euros. Trátanse do pavillón municipal do Rosal (274.000 €), da humanización e mellora peonil da rúa das Dúas Igrexas en Forcarei (600.000 €) e da humanización da reforma da rúa Coruña de Tui (950.000 €).

Ademais, tamén a través da liña 1, Crecente recibe 165.220 € para tres actuacións: 133.117,54 € para as obras de reparación da estrada de Ameixeira-San Colmede, 14.590 € para o acondicionamento de vías nas parroquias de Alveos e Crecente e 17.513€ para eficiencia enerxética no alumeado público da vila; Poio recibe 63.519,48€ para o novo bombeo e depósito de retención e mellora da estación de bombeo de augas residuais; Tomiño 72.508€ para a ampliación da rede de saneamento en Forcadela e para a mellora patrimonial do cruceiro da Ponte; Catoira 27.233€ para a reforma do parque infantil da alameda; Meis 8.777€ para a reforma da cámara de chaves, equipamento e telexestión do depósito de cabeceira de Rias; e Salceda de Caselas 52.351,30 € para a reforma do parque infantil Raíña Aragonta.

No que respecta á liña 2, de gasto corrente, esta semana tamén se aprobaron máis de 41.000 euros para que o Concello de Crecente poida afrontar o pagamento de débedas.

Publicacións Relacionadas