HomeBaixo MiñoA GuardaLuis López salienta que o Plan +Provincia da Deputación mobiliza esta semana...

Luis López salienta que o Plan +Provincia da Deputación mobiliza esta semana preto de 2,5 millóns de euros para que 16 concellos impulsen novos investimentos e afronten gasto corrente

- Anuncio -spot_img

Estes novos recursos beneficiarán a Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Catoira, Covelo, Forcarei, Fornelos de Montes, A Guarda, Lalín, A Lama, Meis, Ponte Caldelas, Redondela, Salvaterra de Miño, Silleda e Tomiño

O presidente provincial recordou que o Plan +Provincia destinou xa 34,5 millóns de euros aos concellos de menos de 50.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar  2,5 millóns de euros para que Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Catoira, Covelo, Forcarei, Fornelos de Montes, A Guarda, Lalín, A Lama, Meis, Ponte Caldelas, Redondela, Salvaterra de Miño, Silleda e Tomiño impulsen novos investimentos e afronten gasto corrente a través das dúas primeiras liñas do Plan +Provincia 2025. O presidente provincial, Luis López, asegurou que a Deputación segue “avanzando, unha semana máis, no reparto de fondos do +Provincia, o plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da historia da Deputación, que xa leva distribuídos 34,5 millóns de euros neste 2025 entre os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes”.

Dos recursos aprobados en Xunta de Goberno 2,4 millóns de euros da liña 1, de investimentos, irán para 15 concellos. Desta maneira, Bueu recibirá 224.951,39 euros para completar o financiamento para executar o novo parque urbano Lugrís, que xa recibira recursos do Plan Extra por valor de 700.000 euros de xeito que o goberno provincial financia integramente a actuación, cun orzamento de máis de 900.000 euros. Do mesmo xeito acontece con Salvaterra de Miño, que recibe 138.400 euros para a recuperación do espazo peonil da contorna da ermida de San Roque de Cabreira para a que a institución provincial xa destinara 415.600 do Plan Extra, completando, así, o 100% do orzamento da actuación que ascende a 554.000 euros.

Ademais, e no marco da liña 1, Caldas de Reis recibe 640.588 euros para o saneamento de San Clemente; Cambados 138.052 euros para a pavimentación de camiños municipais; Catoira 21.544 euros tamén para  pavimentación; Covelo 147.553 euros para o acondicionamento da Reitoral de Barciademera; Forcarei 223.022 euros para mellorar rúas en Vilariño e Acevedo; Fornelos de Montes 45.620 para o ensanche e a mellora do camiño da Freixa en Cabreira, Ventín; A Guarda 157.376 euros para a reforma interior da planta primeira do edificio antigo do Concello para biblioteca;  Lalín 31.000 euros para a mellora de camiño en Carracedo, San Paio; A Lama 38.324 euros para a subministración dun camión para a recollida separada de biorresiduos e 25 colectores para a vía pública; Meis 72.000 euros para a pavimentación de varios camiños municipais; Ponte Caldelas 303.450 euros para a construción dun parque infantil e de calistenia; Salvaterra de Miño 353.855 para a pavimentación de rúas; Silleda 35.000 euros para a reforma e ampliación da Casa da Cultura de Abadas e Tomiño 460.750 euros para a mellora de camiños municipais.

Pola súa banda, Redondela recibirá 103.250 euros da liña 2, de gasto corrente, para financiar o servizo de xestión tributaria, censal, inspectora, catastral e de recadación de impostos do concello.

Publicacións Relacionadas