test
Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López salienta que o +Provincia da Deputación mobiliza esta semana preto...

Luis López salienta que o +Provincia da Deputación mobiliza esta semana preto de 1,4 millóns de euros para seis concellos

- Anuncio -

Estes novos recursos beneficiarán á Cañiza, A Illa de Arousa, Moaña, Mos, Salceda de Caselas e Tui

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar preto de 1,4 millóns de euros para que seis concellos da provincia impulsen novos investimentos ao abeiro da liña 1 do Plan +Provincia. En concreto, benefícianse destes recursos A Cañiza, A Illa de Arousa, Moaña, Mos, Salceda de Caselas e Tui. Estes concellos, segundo explicou o presidente provincial, Luis López, destinarán estes recursos a “mellorar a pavimentación, accesibilidade, infraestruturas deportivas e para saneamento”. En total,  o goberno provincial xa aprobou 37,7 millóns de euros dos 48,2 dos que está dotado este programa para transformar a vida das veciñas e veciños dos concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes.

O presidente provincial remarcou algunhas das iniciativas de elevada contía que van acometer os concellos cos recursos provinciais. Desta maneira, Moaña recibe 497.637 euros para acometer dous proxectos diferentes: por unha banda, destinará 239.999 € á mellora da vía municipal desde San Lourenzo a Carballido e, pola outra, 257.637 € á renovación do abastecemento e saneamento e o novo colector de pluviais na rúa Lameira. Ademais, Mos contará con 445.352 € para mellorar a pavimentación en diferentes camiños e vías do concello.

Ademais, a Xunta de Goberno da Deputación tamén aprobou 88.841 € para que A Illa de Arousa realice obras de mellora de accesibilidade nas rúas Cruceiro e Sor Aurora Estévez; 92.338 € para que A Cañiza renove o pavimento da pista do pavillón municipal de deportes, e 152.632 € para que o Concello de Tui poida renovar a cuberta e realizar a reparación estrutural do campo de fútbol municipal Álvarez Durán.

Relacionadas

A Deputación dá comezo a catro novos obradoiros do programa “Provincia activa”, co que...

0
Na vindeira semana iniciarán os talleres máis de 40 persoas maiores de catro asociacións de Cambados, Mos e Ponteareas A Deputación de Pontevedra continúa desenvolvendo...

Ponteareas celebrou a diversidade cunha xornada cargada de actividades e sensibilización

0
Os Xardíns da Xiralda acolleron a lectura do manifesto a cargo da alcaldesaManualidades, xogos, espectáculos, desfile, karaoke e proxeccións O Concello de Ponteareas reivindicou o...

O concello acolle a Festa do Motor na previa da XX Edición do Rally...

0
• O evento servirá para presentar os coches que correrán representando a Ponteareas • Ponteareas conta por vez primeira cunha partida para subvencionar o deporte...

O pleno da Deputación súmase ao Parlamento Galego e ao Congreso dos Deputados para...

0
Nesta sesión ordinaria aprobouse por unanimidade a candidatura para o proxecto turístico transfronteirizo “Visit Rio Minho Plus”, para a consolidación da marca e a...

A feira Galiforest Abanca 2024 intensifica hoxe as demostracións en vivo de maquinaria, sistemas...

0
• NUMEROSOS EXPOSITORES MOSTRAN OS SEUS PRODUTOS EN FUNCIONAMIENTO NAS SÚAS PARCELAS OU NUNHA ZONA HABILITADA PARA ISO, CO OBXECTIVO DE QUE OS VISITANTES...

Mos implica aos colectivos de idades máis curtas e maiores para demostrar que o...

0
O municipio mosense tinguiuse hoxe multicolor coa colaboración das Escolas Infantís e do Centro de Día de Torroso para conmemorar o Día do Orgullo...

Publicacións Relacionadas