Home A Paradanta A Cañiza Luis López salienta que o +Provincia mobilizará 1,1 millóns para que 9...

Luis López salienta que o +Provincia mobilizará 1,1 millóns para que 9 concellos impulsen novos investimentos, afronten gasto corrente e contraten a 37 persoas

- Anuncio -

Os novos recursos beneficiarán aos concellos da Cañiza, A Estrada, Cerdedo-Cotobade, Dozón, Forcarei, Moaña, Mondariz, Ponteareas e Redondela

A Deputación acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar preto de 1,12 millóns de euros para que 9 concellos da provincia impulsen novos investimentos, afronten gasto corrente e contraten a 37 persoas ao abeiro das tres primeiras liñas do Plan +Provincia. Benefícianse destes recursos A Cañiza, A Estrada, Cerdedo-Cotobade, Dozón, Forcarei, Moaña, Mondariz, Ponteareas e Redondela. Con este novos recursos, como explicou o presidente provincial, Luis López, son xa uns 12 millóns os aprobados ao longo deste ano ao abeiro deste plan para os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes.

No marco da liña 1, de investimentos, a Xunta de Goberno aprobou 565.000 euros para cinco concellos: A Cañiza, Dozón, Mondariz, Ponteareas e Redondela. Desta maneira, Redondela recibirá 202.840 € para a pavimentación e mellora da estrada do Outeiro de Reboreda; A Cañiza 81.622 € para o proxecto de xeración eléctrica fotovoltaica para uso da piscina municipal, e Mondariz 76.070 € para a ampliación do saneamento no barrio do Cruceiro. Ademais, Dozón contará con 118.282 € para a rehabilitación de edificio para uso sociocultural no Castro de Dozón, e Ponteareas 86.900 € para o acondicionamento e ampliación de edificio público para ludoteca. Estes dous últimos proxectos serán financiados ao 100% pola institución provincial, a través de diferentes mecanismos provinciais de axuda.

No caso da liña 2, de gasto corrente, o presidente provincial informou que a Xunta de Goberno da Deputación acaba de aprobar 216.943 euros para os concellos da Estrada e Cerdedo – Cotobade. En concreto, A Estrada recibe 146.900 euros para o XV Campus deportivo de verán 2024 (51.000 €), Estrada escena (30.900 €), a 50ª Festa do Salmón (22.000 €), Adventure Galicia (14.700 €), o Ciclo ruralizarte 2024 (8.100 €), as feiras cabalares de Pascua e San Martiño (5.900 €) e a XXVIII Subida A Estrada 2024 (5.400 €). No caso de Cerdedo-Cotobade, os 70.043 euros aprobados irán destinados á Iluminación e decoración de Nadal en Cerdedo – Cotobade 2024 (16.200 €), música en Cerdedo – Cotobade 2024 (12.990), teatro en Cerdedo – Cotobade 2024 (10.591 €), excursións en Cerdedo – Cotobade 2024 (5.000 €), festas do neno en Cerdedo – Cotobade 2024 (4.488 €), San Xoán en Cerdedo – Cotobade 2024 (4.433), Entroido Infantil en Cerdedo – Cotobade 2024 (3.955 €), Transgalaica Cerdedo – Cotobade 2024 (3.630 €), Nadal infantil en Cerdedo – Cotobade 2024 (3.256 €), Campionato galego de Kickboxing Cerdedo – Cotobade 2024 (3.000 €) e Torneocup de fútbol base Cerdedo – Cotobade 2024 (2.500 €).

Por último, ao abeiro da liña 3, de activación de emprego, a institución provincial aproba 340.182 euros para a contratación de 37 persoas desempregadas nos concellos de Moaña e Forcarei. En concreto, Moaña recibirá 210.839 euros para contratar a 28 traballadores como peóns de medio ambiente – forestal (6), limpadores (6),  peóns especialistas xardineiros (4), peóns de obra pública (3), conserxes (3), peóns xardineiros (2), oficial albanel (1), oficial electricista (1), oficial enterrador (1) e oficial condutor (1). Pola súa banda, Forcarei contará con 129.342 € para condutores de tractor (2), peóns forestais (2), peóns de obras públicas (2), peón de recollida de lixo (1), oficial de 1ª albanel (1) e oficial de 1ª albanel (1)

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste ao partido da European Cup Feminina entre o Club...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe ao partido de volta dos oitavos de final da European Cup Feminina, que enfrentou ao Conservas Orbe Zendal BM Porriño e...

O BNG de Vigo pedirá a retirada da proposta de Dolores Galovart como nova...

0
A fronte nacionalista insiste en demandar un diálogo entre todos os grupos que permita unha designación unánime fronte ao “dedazo absolutista” que pretende Caballero Advirten...

A Deputación abre este luns o prazo para participar na ruta ornitolóxica de Voando...

0
Da man de SEO/BirdLife, as actividades deste ano comezarán o próximo 2 de febreiro en Nigrán, nunha zona de alto valor ecolóxico que destaca...

Luis López salienta o traballo a prol da inclusión das persoas maiores e con...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo alcalde da Lama, David Carrera, visita as instalacións que a Fundación Ofirvida ten neste...

A Deputación levou no 2024 a preto de 13.000 persoas a desfrutar dos recunchos...

0
En total, gozaron de excursións ao abeiro deste programa 202 entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, de maiores, veciñais, culturais e ANPAS de...

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á sétima edición do Certame de Rondallas da Área...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe á sétima edición do Certame de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo, un espectáculo que reuniu...

Publicacións Relacionadas