HomePontevedraCaldasLuis López sinala o festival PortAmérica como “un dos grandes atractivos culturais...

Luis López sinala o festival PortAmérica como “un dos grandes atractivos culturais da provincia”, que ofrece ao visitante gastronomía, cultura e paisaxe extraordinarias

- Anuncio -spot_img

O dirixente provincial participa na Azucreira de Portas na presentación dunha cita que se celebra esta fin de semana e marca o inicio da etapa de festivais de verán na provincia

Un festival que dinamiza a economía, contribúe a afrontar o reto demográfico e pon a provincia no mapa das grandes producións musicais: “O Portamérica é a xoia da coroa dos Rías Baixas Fest, son moito máis ca tres días de música”, afirma López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, sinala o festival Portamérica, un dos seis festivais englobado na marca Rias Baixas Fest que impulsa o organismo provincial, como “un dos grandes atractivos culturais da provincia”. O mandatario provincial vén de participar este luns, na Azucreira de Portas xunto co alcalde e deputado provincial, Ricardo Martínez; no acto de presentación oficial dun festival que se celebra esta semana, entre o 3 e o 5 de xullo.

“É un festival que xera movemento económico e emprego en Portas e en toda a comarca do Umia, un festival que contribúe a descentralizar os grandes eventos culturais, que non só reservados para as grandes cidades, aquí temos un claro exemplo de que se pode facer en concellos de menos de 3.000 habitantes coma Portas e afrontar o reto demográfico; e un festival que sitúa á provincia no mapa e resume á perfección a nosa oferta turística: gastronomía, cultura e música”, explicou o mandatario provincial despois de visitar a Azucreira de Portas.

O festival Portamérica celebrarase entre os días 4 e 6 de xullo. Un evento que ofrece tres días de concertos con grupos de primeiro nivel do panorama nacional e galego, así como un “showrocking” no que os mellores chefs de Galicia e de fóra das fronteiras porán a disposición do público as súas mellores preparacións. Todo, nun escenario privilexiado como a Azucreira de Portas.

Con motivo da presentación dun festival que marca o inicio da tempada dos festivais de verán nas Rías Baixas, o presidente da Deputación quixo poñer en valor o traballo que Esmerarte, organizadora do festival, está a realizar para difundir as riquezas da provincia por todo o mundo, tanto a través de festivais como Portamérica como coa produción do vídeo de Turismo Rías Baixas ‘Cando Volves?’, co que a Deputación promociona a provincia como destino turístico por todo o mundo e que está a acadar recoñecementos en festivais especializados en turismo dos cinco continentes. “Convidamos a todo o mundo a que veña esta fin de semana a Portas”, concluíu Luis López, convencido de que Portamérica é unha desas citas das que os visitantes se namoran e que os fan regresar cada ano as Rías Baixas.

Publicacións Relacionadas