Home O Morrazo Cangas Luis López sinala que o PP ofrece proxectos serios, rigorosos e de...

Luis López sinala que o PP ofrece proxectos serios, rigorosos e de unidade fronte ás coalicións que desgobernan os concellos

- Anuncio -

• “José Enrique xa demostrou nas últimas décadas que é o mellor alcalde que pode ter Cangas. O PP aposta por un proxecto de seriedade, rigor e unidade, que funcionará desde o primeiro día sen ter que pactar postos e soldos e que se dedicará exclusivamente aos veciños”, subliña.

• Pon en valor o proxecto de Javier Carro, “un proxecto gañador, integrador, inclusivo e que actualmente xa representa á inmensa maioría social dos moañeses”.

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Luis López, achegouse esta mañá ao Morrazo para percorrer as rúas do centro, xunto aos candidatos ás alcaldías de Cangas, José Enrique Sotelo, e de Moaña, Javier Carro, e dar a coñecer os proxectos serios e rigorosos que o PP presenta adaptado ás necesidades de cada un destes concellos, pedir a confianza e deixar claro que o único pacto dos populares é cos veciños.

En Cangas, López sinalou que “José Enrique e o PP foron claramente a forza máis votada hai catro anos, case duplicando ao partido ACE, que é quen ostenta a alcaldía, e que demostra os efectos perversos dun sistema que permite que un partido que non chega ao 17% dos votos decida o destino dos cangueses. E quero insistir nisto porque estas coalicións, estes pactos estraños de perdedores, só responden a intereses diversos e estanse a demostrar nefastas para os cidadáns cun funcionamento pésimo. Vémolo no Goberno de España, con elas constantes, búsqueda de protagonismos innecesarios e unhas leis mal feitas, e tamén vémolo en Cangas, un concello con moito potencial que está a deixar pasar as oportunidades e pódese dicir claramente que perdeu por completo este mandato”.

Por iso, dixo que fronte a isto “queremos ter a confianza dos cangueses porque José Enrique xa demostrou nas últimas décadas que é o mellor alcalde que pode ter Cangas, e porque o PP aposta por un proxecto de seriedade, rigor e unidade, que funcionará desde o primeiro día sen ter que pactar postos e soldos e que se dedicará exclusivamente aos veciños”. Ademais, puxo en valor o traballo feito estes catro anos polo PP na oposición, “que vai recibir a confianza maioritaria dos veciños porque estas coalicións non poden continuar desgobernando os concellos”.

A segunda parada da mañá foi en Moaña, onde se reuniu con Javier Carro e membros da candidatura. Luis López puxo en valor “o proxecto gañador, integrador, inclusivo e que actualmente xa representa á inmensa maioría social dos moañeses, especialmente coa reunificación de todo o espectro de centro-dereita, algo que quero destacar e sobre o que quero agradecer a xenerosidade de toda a xente implicada para facer máis grande o Partido Popular de Moaña”.

Lamentou que este concello “sufre un goberno nacionalista que está adicado todo o tempo e en exclusiva a fomentar o enfrontamento en absolutamente todos os asuntos e, fronte a este modelo, o PP ofrece a alternativa clara e real de goberno. Javier e o seu equipo representan o cambio, que permitirá que Moaña sexa noticia por novas infraestruturas, máis investimentos, mellora de servizos públicos e dotacións de equipamentos”.

Relacionadas

Brais Méndez e a ONG IGAXES únense para loitar contra o odio e a...

0
Stop Odio nace para promover valores de respecto e igualdade na sociedade a través da educación e o deporte O Concello de Nigrán será...

Luis López preside o Pleno do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do...

0
O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Luis López, xunto cos deputados provinciais Javier Tourís e Alejandro Lorenzo, presidiron esta mañá o Pleno do...

O Concello de Bueu organiza o 3 e 4 de maio as “Xornadas abertas...

0
• Carmen García, concelleira de cultura, salienta que o obxectivo é fomentar a participación da veciñanza e dos colectivos na Festa das Alfombras Florais...

A Deputación concede 13.000 euros do Plan de Infraestruturas Deportivas á Illa de Arousa...

0
A través deste plan distribuíronse xa máis de 1,8 millóns de euros entre 30 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes A Deputación de...

O BNG lanza unha campaña de recollida de sinaturas para solicitar a creación de...

0
A primeira mesa informativa para a recollida de sinaturas estará dispoñible o xoves, 25 de abril, a partir das 11:00 horas na rúa Almuíña O...

O BNG organiza este venres en Soutomaior un acto sobre a importancia da Atención...

0
O BNG de Soutomaior vén de anunciar que levará a cabo un acto informativo sobre a importancia da Atención Primaria este venres, 26 de...

Publicacións Relacionadas