Home Pontevedra Caldas Luis López: “Sodes maioría en Caldas de Reis os que queredes un...

Luis López: “Sodes maioría en Caldas de Reis os que queredes un cambio, e Fernando Pérez é quen pode conseguilo”

- Anuncio -

• O candidato dixo que “xa perdemos moitas oportunidades, unha tras outra, cun goberno totalmente esgotado e cun alcalde ausente”, por iso é momento de apostar por “proxectos ambiciosos que nos coloquen na vangarda das vilas máis avanzadas”.

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Luis López, desprazouse esta mañá a Caldas de Reis para percorrer xunto ao candidato do PP á alcaldía, Fernando Pérez, e varios as rúas do concello, a Praza de Abastos e o mercado dos luns, e poñer en valor o gran proxecto dos populares para garantir o cambio neste concello. “Temos un proxecto serio, que representa á inmensa maioría social do concello, un gran equipo e ofrecémoslle aos veciños traballo duro e un goberno serio e unido dende o primeiro día. Sodes maioría en Caldas de Reis os que queredes un cambio, e Fernando Pérez é quen pode conseguilo”, subliñou López.

Por iso, di que “o PP con Fernando á cabeza aposta por un proxecto rigoroso e de unidade, que funcione desde o primeiro día sen ter que pactar postos e soldos e que se dedique exclusivamente aos veciños”.

Por último, recordou que o alcalde é o candidato do PSOE de Pedro Sánchez, “polo que a primeira oportunidade para cambiar o Goberno de España será o 28 de maio”. Ademais, dixo que é importante que os socialistas de Caldas de Reis tamén expliquen o que está facendo o seu Goberno en España, non só atacando de forma sistemática os intereses de Galicia, senón lastrando, unha vez máis, a economía dos fogares galegos.

Pola súa banda, Fernando Pérez subliñou que “é o momento do cambio tranquilo en Caldas de Reis, de abordar proxectos ambiciosos que nos coloquen na vangarda das vilas máis avanzadas”. Neste senso, lamentou que “xa perdemos moitas oportunidades, unha tras outra, cun goberno totalmente esgotado e dividido e cun alcalde ausente, e debemos recuperar o tempo que durante anos outros concellos aproveitaron e o goberno do noso concello non. Está na nosa man evitar que un pacto PSOE-BNG lastre, outra vez, o futuro das nosas fillas e dos nosos fillos”.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas