Home A Paradanta A Cañiza Luis Piña asina un convenio con Zona Franca "sen contido obligacional" por...

Luis Piña asina un convenio con Zona Franca “sen contido obligacional” por ningunha das partes

- Anuncio -

• Miguel Domínguez recorda que os socialistas levan prometendo investimentos de Zona Franca desde 2019, e o único que temos é papel mollado e nin un só investimento.

• Lamenta que o Goberno local faga propostas “valeiras de contido e de accións reais” ao Plan Sectorial de Ordenación Industrial de Galicia.

Luis Piña forzou un pleno extraordinario para presentar alegacións ao Plan Sectorial de Ordenación Industrial de Galicia, a piques de rematar o prazo.

O voceiro dos populares, Miguel Domínguez, lamenta que “mentres noutros concellos limítrofes, como é ocaso de Crecente, están facendo propostas concretas, Piña presenta alegacións totalmente valeiras de contido e de accións reais”.

Tamén denuncia que o convenio de Zona Franca que Luis Piña asinou con David Regades, tal e como indica o propio texto, “carece de contido obligacional” por ambas partes. ”Tan só se trata de un máis dos moitos estudios aos que xa nos ten acostumados o alcalde, para poder seguir mantendo os chiringuitos das empresas amigas, pero que non se traducen en feitos, en ningún dos casos”. Nesta liña, recorda que os socialistas levan prometendo investimentos de Zona Franca na Cañiza desde o ano 2019, e de feito, foi promesa de David Regades para conseguir a alcaldía do concello, pero o que temos a día de hoxe e a piques de rematar o mandato é papel mollado e nin un só proxecto.

Domínguez, afirma que, segundo a documentación presentada, a zona marcada no convenio, coindice coa destinada á CTAG (circuito de alta velocidade), que Piña e o responsable de Zona Franca, David Regades, anunciaron en prensa en varias ocasións. “Isto só deixa constancia de que o da

CTAG foi outra cortina de fume que, ao igual que este convenio, lamentablemente, non vai a ser unha realidade para A Cañiza”.

Segundo o popular, Luis Piña non tería feito ningunha xestión con ningún organismo da Xunta de Galicia, responsable da ordenación industrial do territorio, pero “sen embargo segue facendo fotos e vendendo fume co Secretario Xeral do Psoe de Pontevedra, David Regades, que a pesar de ser o responsable de Zona Franca, fóra de aí, non ten competencias no resto dos concellos”.

Ademais, cuestiona a capacidade de xestión de David Regades ao fronte de Zona Franca, “que deixou de ser un instrumento de promoción económica, industrial e do emprego para converterse noutro aparato máis de propaganda política dos PSOE na provincia”, e recorda que dos 39,2M€ que tiña Zona Franca nos orzamentos para 2022, só están executados 6,7M€. Están deixando sen investir 8 de cada 10 euros. Prometen e non fan absolutamente nada”.

Por último, os populares recordan que A Cañiza foi declarado Concello Emprendedor durante o mandato de Miguel Domínguez, e aínda que quixo, xa co goberno socialista, segundo este mesmo indica, “dar un paso máis alá, rebaixando e eliminando taxas que facilitasen o asentamento de iniciativas empresariais, pero o PSOE sempre votou en contra”.

Piña comeza a sesión rectificando o texto que el mesmo levou ao pleno, xa que segundo as súas declaración “é necesario eliminar esta parte porque non ten sentido”.

“A Piña o desenvolvemento empresarial da Cañiza, só lle interesa para facer política, e déixao claro que non se reuniu con ningún responsable da Xunta para tratar o tema e espera ao último día para presentar as alegacións, tendo que corrixilas no propio pleno porque non están ben redactadas”.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas