- A charla será na Casa dos Alonso este venres ás 20:00h
A Casa dos Alonso acolle a charla sobre Cristóbal Colón achegándose a unha novidosa perspectiva, a importancia da súa dimensión relixiosa e evanxelizadora.
A conferencia será a cargo de Luis Pose Regueiro, que explicará a súa Tesis de Licenciatura en Historia da Igrexa pola Universidade Gregoriana de Roma. Segundo Pose, aborda a figura do mariño cunha perspectiva novidosa “que merece ser tida en conta e contrastada”.
Con esta nova perspectiva e a boa argumentación e fundamentos que presenta, ábrense tamén novos interrogantes, que incluso poden apuntar pistas sobre as súas orixes. A charla celebrarase na Casa dos Alonso ás 20:00h este venres 28 de novembro.



