– A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, achegouse esta mañá ata a sede social da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Mexillón de Galicia en Vilagarcía de Arousa para celebrar unha reunión de traballo coa sua presidenta, Lina Solla, que foi elixida hai unhas semanas. Deste xeito, a representante autonómina aproveitou para coñecer as instalacións e o funcionamento da DOP e púxose a disposición para, desde o Goberno galego, seguir colaborando nas súas necesidades co obxectivo de seguir medrando a sua activiade.
Luisa Piñeiro garantiu o apoio da Xunta para unha entidade que aglutina a unha parte
importante do sector mexilloeiro e destacou o valor “dun produto que xera unha gran riqueza na nosa comunidade e no que, ademáis das súas propiedades saudables que o converten nun tesouro do noso mar, somos líuderes a niverl mundial polo que debemos seguilo coidando e potenciando entre todos”. Finalmente, levou a traxectoria empresarial e de xestión e a personalidade e carisma de Lina Solla como avais para o desenvolvemento do seu labor á fronte de Mexillón de Galicia