HomePontevedraPontevedraLuisa Sánchez acusa ao PSOE da doble vara de medir segundo se...

Luisa Sánchez acusa ao PSOE da doble vara de medir segundo se debata a mesma moción no concello de Vigo ou na Deputación e destaca que o PP votou a favor de restituir Vigo como sede do exame MIR

- Anuncio -spot_img
  • “Non se pode entender que o PSOE de Abel Caballero rexeite a moción do PSOE provincial. Si, aínda que pareza un galimatías, é o que fixo o PSOE esta mesma maña”, indicou a vicepresidenta da Deputación.
  • Luisa Sánchez detallou que no concello de Vigo presentouse unha moción para reclamar que a cidade siga sendo sede dos exames MIR e para reprobar ao conselleiro de Sanidade, que non ten culpa de nada neste asunto. Pero Abel Caballero tiña que usalo porque necesitaba inventarse algún culpable, e tapar así a súa nula e nefasta xestión con este tema.
  • A vicepresidenta explicou que esta decisión é exclusiva do Ministerio de Sanidade, tal a e como tamén admitiu o alcalde de Vigo dicindo que “a ministra é a primeira culpable”, como se pode comprobar na Orde l publicada no BOE do 14 de agosto, asinada po Mónica García.

A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, lamentou esta mañá no Pleno da Deputación onde se debateu a decisión de eliminar Vigo como sede do exame MIR por parte do Goberno central e presentada polo PSOE, a doble vara de medir do PSOE, segundo se debata no concello ou na Deputación de Pontevedra, onde foi aprobada de maneira unánime polos tres grupos políticos da corporacion provincial.

“Non se pode entender que o PSOE de Abel Caballero rexeite a moción do PSOE provincial. Si, aínda que pareza un galimatías, é o que fixo o PSOE esta mesma maña´”, indicou a vicepresidenta da Deputación.

Luisa Sánchez explicou que en Vigo presentouse unha moción para reclamar que a cidade siga sendo sede dos exames MIR e para reprobar ao conselleiro de Sanidade, que non ten culpa de nada neste asunto. Pero Abel Caballero tiña que usalo porque necesitaba inventarse algún culpable, e tapar así a súa nula e nefasta xestión con este tema, indicou a vicepresidenta da Deputación.

Sánchez explicou que esta decisión é exclusiva do Ministerio de Sanidade, tal a e como tamén admitiu o alcalde de Vigo dicindo que “a ministra é a primeira culpable”, como se pode comprobar na Orde ministerial publicada no BOE do 14 de agosto, asinada única e exclusivamente pola ministra de Sanidade, Mónica García.

No pleno da corporación provincial, os deputados do PP votaron a favor da moción presentada polo PSdG, xa que segundo explicou Luisa Sánchez, o Ministerio decidiu unilateralmente suprimir a sede de Vigo. Xustificou inicialmente a redución de sedes apelando a unha volta á situación prepandemia por motivos económicos. Pero a orde publicada non foi coherente con ese criterio: mantivo a Vigo fóra, mentres recuperou Cáceres, Cádiz e León.

“Non se deu ningunha explicación de porqué unhas cidades si e Vigo non, xerando un agravio evidente para Galicia. E este agravio é especialmente grave se temos en conta que Vigo, a cidade máis poboada de Galicia, acolleu este mesmo ano a 549 aspirantes, case o 30 % dos galegos que se presentaban. Eliminar esta sede supón obrigar a máis de medio milleiro de mozos e mozas a desprazarse a Santiago” precisou Luisa López.

A vicepresidenta lembrou que a Xunta de Galicia xa manifestou tres veces a súa disconformidade con esta supresión da sede de Vigo e reivindicou a rectificación desta decisión. Ademais, o Partido Popular xa impulsou no Parlamento Galego e no Congreso dos Deputados unha Proposición non de lei para reclamar ao Goberno de España a restitución de Vigo como sede dos exames de formación sanitaria especializada.

Publicacións Relacionadas