Home Pontevedra Barro Luisa Sánchez salienta o “excelente estado de saúde” dos Viveiros de Empresas...

Luisa Sánchez salienta o “excelente estado de saúde” dos Viveiros de Empresas da Deputación en Barro e Lalín

- Anuncio -

A Deputación de Pontevedra celebrou esta mañá a Comisión de Seguimento dos Viveiros de Empresas na que se adxudicaron catro oficinas e catro naves a novos emprendedores en Barro e unha oficina en Lalín

“Vendo o elevado interese que espertan os nosos Viveiros e as empresas que se asentan, esta provincia ten moito futuro”, remarcou a vicepresidenta quen informou que o de Barro ten todas as naves ocupadas e as oficinas están ao 70% e en Lalín todas as oficinas están ocupadas e as naves están ao 70%

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou esta mañá o Viveiro de Empresas da institución en Barro onde remarcou o “excelente estado de saúde” que gozan estas instalacións promovidas polo organismo provincial. A Deputación celebrou esta mañá a Comisión de Seguimento dos Viveiros de Empresas na que se adxudicaron catro oficinas e catro naves a novos emprendedores no de Barro e unha oficina no de Lalín. “Vendo o elevado interese que espertan os nosos Viveiros e as iniciativas empresariais que tanto en Barro como en Lalín se asentan, esta provincia ten moito futuro”, remarcou a vicepresidenta quen informou que, nestes momentos, o de Barro ten todas as naves ocupadas (16) e as oficinas (24) están ao 70%. No caso do Viveiro de Lalín, as tres oficinas están ocupadas e as naves (3) están ao 70%.

“Síntome moi orgullosa destas instalacións nas que estamos acollendo de forma temporal a empresas para encamiñar os seus primeiros pasos no mercado, para acompañalas nesta primeira etapa do seu ciclo de vida, para prestarlles servizos adaptados ás súas necesidades e, sobre todo, para facilitar o desenvolvemento de iniciativas económicas de interese para a nosa provincia”, subliñou Luisa Sánchez. Neste eido, recordou que é obxectivo do goberno provincial “converter a esta provincia nun territorio con futuro, dinámico, moderno, emprendedor, xerador de riqueza, de emprego e, en definitiva, de oportunidades”.

Na Comisión de Seguimento dos Viveiros de Empresas aprobouse adxudicar a cesión de catro novas oficinas en Barro para Distribuciones Thomas Diz SL, Gabriele Vitale Linares, Cotacero Galicia SL e Solpor Energies e catro naves para Gabriele Vitale Linares, Conservas Artesanas Gallegas e Cotacero Galicia SL (dúas naves). Ademais, aprobouse prorrogar a cesión de espazo a empresas xa instalados en Barro como Splainn Travel SL (oficina), Tecnobelts (nave), Nuria Búa Cochón (oficina), Xesús Graña Carbajo (nave) y Carmencitas SC (nave). Pola súa banda, en Lalín aprobouse adxudicar a cesión dunha oficina para Urbanismo Técnico Sostenible SL. “Como vicepresidenta da Deputación –asegurou Luisa Sánchez- non hai maior felicidade que ver que as iniciativas que promovemos desde o Goberno provincial teñen esta grande acollida e están dando resposta a unha necesidade e demanda que existe entre os nosos veciños”.

Nestes momentos están asentadas nos Viveiros de Empresas de Barro e Lalín desde empresas de construción, de rehabilitación e acondicionamento de locais comerciais ou de fabricación de instalacións deportivas e parques infantís; ata de solucións integrais en sistemas de transportes e enxeñería de procesos; comercio polo miúdo e por maior de froitas e verduras, produtos alimentarios do mar galegos, de almacenamento e distribución de aceite de oliva virxe extra o incluso de produción e transformación de produtos apícolas e micolóxicos; empresas de medición de parcelas, de compravenda de vehículos, de automatización e robótica, de fabricación de máquinas ou de equipos electrónicos para aeronaves; empresas de eventos, de fotografía e postprodución audiovisual, de marketing dixital e axencias de viaxes; tamén iniciativas empresariais relacionadas coa eficiencia enerxética, coa reciclaxe e a educación ambiental, así como empresas que prestan asesoramento veterinario a explotacións gandeiras.

Empresas asentadas no Viveiro de Barro
No Viveiro de Empresas de Barro atópanse instaladas as empresas Cotacero Galicia; Tecnobelts, tecnología de correas y transportes; Jacobo López Castro; Marcos Mougán Seco; Carmencitas; Gabriele Vitale Linares; Conservas Artesanas Gallegas; Xexús Graña Carbajo; Coversun Solutions; Embruxo Pontevedra; ImecnorTechnology; Ana Asunción Cid Señoráns; Enercraft Innovative Electrification Technology; Pontesol Ingeniería e Instalaciones; Inmonort Condal; Solpor Energies; Nuria Búa Cochón; Splainn Travel.; Innova Local; Recreo Marketing; Giovana Cancela Calvo; Distribuciones Thomas Diz e Manuel Enrique Pintos González.

Empresas asentadas no Viveiro de Lalín
No Viveiro de Empresas de Lalín atópanse instaladas as empresas Binarial Automatización y Robótica, S.L.; Urbanismo Técnico Sostenible; José Antonio Piñeiro Rodríguez; Alberto Pájaro Dacosta; e Rubén Álvarez Diéguez.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Publicacións Relacionadas