HomePontevedraO CondadoLuz verde á esperada construción do novo Centro de Saúde en Ponteareas

Luz verde á esperada construción do novo Centro de Saúde en Ponteareas

- Anuncio -spot_img
  • O convenio de cesión dos terreos para o novo edificio foi aprobado na sesión plenaria ordinaria de novembro, cos votos en contra da oposición
  • O Concello de Ponteareas vén de aprobar o convenio de colaboración coa Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde, para a cesión dos terreos e a execución das obras de construción do novo Centro de Saúde na localidade. Trátase dun proxecto diferencial e prioritario que dotará á vila dunha infraestrutura clave para ampliar e mellorar a atención asistencial aos veciños e veciñas.
  • Co obxectivo de axilizar ao máximo o proxecto, o Concello de Ponteareas realizará os trámites patrimoniais e urbanísticos que sexan necesarios para posibilitar a cesión patrimonial ao Servizo Galego de Saúde de dúas parcelas no Polígono 51 na parroquia de Arcos, onde se asentará o novo centro de referencia en materia sanitaria.
    O concello asumirá todos os gastos necesarios para dotar á parcela das infraestruturas precisas, como os accesos rodados e peonís, o abastecemento de auga, o saneamento, a subministración eléctrica, o alumeado, a telefonía, o aparcadoiro, etc. Así mesmo, o mantemento futuro da parcela tamén será por conta do concello.
  • Este proxecto foi un dos grandes compromisos adquiridos coa cidadanía de Ponteareas e, despois da súa aprobación en pleno, comeza unha nova etapa na vila, na que a defensa dos servizos e a atención da Sanidade Pública contará cunha nova infraestrutura de referencia para a totalidade dos veciños e veciñas. A oposición votou en contra.

Publicacións Relacionadas