Home Deputacións Deputación Pontevedra Macarena Montesinos leva "Libre" a Vilagarcía para por en valor o traballo...

Macarena Montesinos leva “Libre” a Vilagarcía para por en valor o traballo das mulleres no concerto da “Violencia Zero” da Deputación

- Anuncio -

A artista viguesa baseou na improvisación libre o seu solo de violonchelo, no que destacou a importancia da arte e a educación para a liberación das mulleres

A improvisación libre e a música experimental de vangarda foron as grandes protagonistas do solo de violonchelo de Macarena Montesinos hoxe en Vilagarcía de Arousa. No marco dunha nova acción do programa da Deputación de Pontevedra “Mulleres en Acción. Violencia Zero”, a artista viguesa levou “Libre” á Praza de Galicia do municipio do Salnés para pór en valor o traballo das mulleres e destacar a importancia da arte e a educación para a súa liberación. A actuación foi seguida en directo por decenas de viandantes, así como pola deputada de Igualdade, Victoria Alonso, e a tenente de alcalde, Tania García.

A acción sonora de Montesinos, creada ex profeso para “Violencia Zero”, consistiu nun solo de violonchelo no que a artista xogou con diferentes sonoridades e efectos en directo. A improvisadora e investigadora entende a arte como unha forma de liberación e “Libre” como unha ferramenta de cambio e unha forma dotar de importancia o traballo das mulleres. Así, mesturou na súa actuación a música experimental de vangarda co clásico do violonchelo nunha emotiva peza inspirada na súa avoa en particular e en todas as mulleres en xeral. Na actualidade, a artista dedícase á docencia e á investigación na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, onde estuda a relación e correspondencias entre as partituras gráficas e a improvisación sonora.

Esta foi a vixésimo primeira acción levada a cabo dentro da sexta edición do programa, que este ano ten como lema “Emerxencia cultural, urxencia feminista! Nin un paso atrás na loita contra a igualdade”. “Mulleres en Acción. Violencia Zero” ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas, así como dar a coñecer o labor de novas artistas que están a traballar a prol da igualdade. Tras máis de 100 accións artísticas por toda a provincia desde o seu inicio en 2015, o programa da Deputación de Pontevedra seguirá reivindicando a igualdade de xénero por toda a provincia ata que remate o ano.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

Publicacións Relacionadas