HomePontevedraCampo LameiroMáis de 1.100 persoas marcan un récord de participación no Xartar Rupestre...

Máis de 1.100 persoas marcan un récord de participación no Xartar Rupestre do festival “Laeros” con 53 costillares asados ao espeto

- Anuncio -spot_img

O alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, estivo acompañado na visita ao poboado prehistórico polo presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, o director xeral de Gandeiría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros; a xefa territorial de Cultura, Isabel Couselo, o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares e o alcalde de Portas, Ricardo Martínez.

Máis de 1.100 comensais marcaron un récord de participación no Xantar Rupestre do Festival Laeros de Campo Lameiro no que se asaron uns 53 costillares de vacún preparados ao espeto por membros da Asociación Costillar A Estaca de San Clemente.

Na visita ao poboado prehistórico, onde se fixo unha demostración de fundición e metalúrxica na Idade do Bronce, o alcalde Carlos Costa estivo acompañado polo presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, o director xeral de Gandeiría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros; a xefa territorial de Cultura, Isabel Couselo, o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares e o alcalde de Portas e deputado provincial, Ricardo Martínez.

O bo tempo reinante e unha suave e agradable brisa fixeron que os comensais que se deron cita en torno aos 53 costillares e aos lotes, que contiñan polbo á feira preparado por A Fuchela, pasaron unha xornada gastronómica e de convivencia veciñal extraordinaria.

As mesas colocadas baixo ás árbores do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR) serviron de acubillo para que os asistentes disfrutaran comodamente dos espetos que ao redor das 15 horas ían saíndo das braxas preparadas polos membros da Asociación Costillar A Estaca de San Clemente.

Esta cuarta edición de “Laeros” tivo como novidade a actuación matinal da Coral Polifónica de Campo Lameiro e o grupo infantil Cantalúa que puxeron en escea o musical “Cousas de antes” que foi moi aplaudido polo numeroso público presente.

Outra das novidades foi a recreación da vida cotiá da Idade do Bronce Atlántico a cargo do colectivo Tir Na Nòg e a Asociación de Mulleres Rurais de Campo Lameiro. Tamén se escenificou a semente, recolleita e mallado dos cereais que levaron a cabo o equipo de Didáctica do PAAR e o investigador Andrés Teira e que levantou o interese do público presente.

“LAEROS” CONSOLÍDASE MÁIS EN CADA EDICIÓN

Por outra banda, Carlos Costa destacou o protagonismo e a importancia de que a veciñanza participe de xeito activo en “Laeros” e sinalou que cada edición consolida aínda máis esta cita do verán non so de referencia en Campo Lameiro senón na contorna.

O alcalde agradeceu a implicación dos distintos colectivos sociais de Campo Lameiro como a Coral Polifónica, Cantalúa e Diamond ou a Asociación de Mulleres Rurais así como do propio CEIP Pedro A. Cerviño cos “Xogos Rupestres” inspirados na arte rupestre de Campo Lameiro e Galicia.

A nota musical deste ano correu a cargo de “Cantos da terra” e o Orfeón Sons do Peto, que amenizaron a sobremesa do Xantar Rupestre.

Publicacións Relacionadas