A ruta remata esta semana, o xoves e venres, e os consumidores poderán optar ós 38 premios cubrindo o seu pasaporte.
A falta dunha semana para por punto final á II Ruta Pinchoterra as cifras do pasado ano igualanse e xa son 12.000 os pinchos servidos entre os 25 locais participantes. Unha valoración máis que positiva dunha campaña que promove a hostalaría do municipio e organizada polo Concello de Salvaterra de Miño e os establecementos hostaleiros.
A pesares da choiva, o pasado xoves e venres de Semana Santa, superáronse de novo os 4.500 pinchos, unha cifra que esperamos se manteña na última semana tendo en conta a previsión metereolóxica favorable. Unha das claves do éxito desta ruta ademais da cantidade de establecementos é a variedade de propostas gastronómicas tamén con opcións vexetarianas, veganas ou sen glute.
A II Ruta Pinchoterra remata este xoves e venres e aquelas persoas que participen cubrindo o seu pasaporte optarán ós 38 premios que consisten nun primeiro premio de 200 euros, un segundo de 100 e un terceiro de 75 euros para consumir nos locais adheridos, 25 premios máis aportados polos establecementos e 10 Bonos para o Espazo Termal de Teáns-Oleiros.
Para participar cada consumidor deberá recoller o seu pasaporte nos locais adheridos e conseguir un total de 6 selos (6 pinchos diferentes), cubrir os seus datos persoais e contestar cal foi o seu pincho favorito.
Toda a información referente á ruta como horarios, locais, ubicacións, pinchos e sorteos pode consultarse na web pinchoterra.concellodesalvaterra.com