HomePontevedraCaldasMáis de 120 veciños e veciñas de Pontecesures participan nunha excursión para...

Máis de 120 veciños e veciñas de Pontecesures participan nunha excursión para dar a coñecer o xeodestino Mar de Santiago

- Anuncio -spot_img

A viaxe incluíu o traslado en barco ata Vilanova e visita guiada ás casas-museo Valle Inclán e Irmáns Camba

Máis de 120 veciños e veciñas de Pontecesures participaron este sábado nunha excursión gratuíta organizada polo Concello de Pontecesures e Mar de Santiago. Unha iniciativa que tiña como obxectivo dar a coñecer entre a veciñanza algúns dos atractivos que inclúe este xeodestino que conforman os municipios de Pontecesures, Valga, Catoira e Vilanova de Arousa.

O tempo acompañou e a expedición, encabezada polo alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal, e a concelleira de Cultura, Laura Villar, saíu puntualmente do pantalán de Pontecesures ás 16:00 horas con destino Vilanova de Arousa, aproveitando a marea. Aproximadamente unha hora e media despois, a expedición chegou a Vilanova de Arousa, onde foi recibida polo seu alcalde, Gonzalo Durán.

Despois a veciñanza realizou visitas guiadas á Casa Museo Valle Inclán e á Casa Museo dos Irmáns Camba, destacadas figuras do mundo do xornalismo. Tras estas visitas gratuítas, os veciños e veciñas volveron a Pontecesures en autobús.

Publicacións Relacionadas