Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Baixo Miño Máis de 250 profesionais participan no mercado das músicas de Galiza e...

Máis de 250 profesionais participan no mercado das músicas de Galiza e Portugal

- Anuncio -

Manuel Vicente | MUMI
“A industria musical galega e portuguesa necesítanse e necesitan este espazo”.

José Manuel Carpinteira | presidente da Câmara Municipal de Valença
“As ligazóns que propicia o MUMI é esencial para avanzar na consolidación dun espazo de intercambio entre as nosas culturas”
.

Enrique Cabaleiro | alcalde de Tui
“Abrazamos o MUMI como unha aposta incuestionable da Eurocidade porque non existe outro lugar que represente mellor o seu espírito”.

Jacobo Sutil | director da AGADIC
“Queremos que o MUMI sexa unha ferramenta útil para incrementar a circulación de artistas entre os dos territorios”.

Esta mañá celebrouse no edificio da Escola Superior de Ciencias Empresariais de Valença o brinde de benvida da 5ª edición do Encontro profsional de Músicas, MUMI 2024, no que participaron José Manuel Carpinteira, presidente da Câmara Municipal de Valença; Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC); e representando á organización do MUMI en Galiza e Portugal, Diana Martins e Manuel Vicente que destacou “o grande interese do sector por estar presente nesta edición do MUMI, na que participarán 250 profesionais que terán a oportunidade de coñecer 12 propostas musicais de Galiza e Portugal e activar as contratacións dos concertos que veremos nos escenarios durante os próximos meses”. Vicente celebrou as alianzas que vai tecendo o mercado con outros encontros e programas profesionais e, en referencia ao serán tradicional co que se abriu onte o encontro, reivindicou que “se a música de raíz está hoxe máis viva que nunca en todas as programacións e ocupa os escenarios con grandes espectáculos é grazas a unha fornada de músicas e músicos que se coceron na calor dos seráns espallados por toda Galicia onde se mantén vivo o espírito de comunidade orixinal, participativo e horizontal que caracteriza as nosas foliadas, e por iso queremos celebrar e recoñecer o papel fundamental dos seráns na difusión do noso patrimonio oral, e na formación da nosa canteira musical”.

DESCARGA AQUÍ FOTOS DA XORNADA

As músicas que veremos nos
escenarios nos próximos meses

As persoas representantes das entidades que apoian ao MUMI asistiron este mediodía ao primeiro showcase da feira no auditorio da Zona PRO, onde puideron coñecer en primicia o novo proxecto de Su Garrido Pombo, Traspielas, esta vez en formato banda xunto a Macarena Montesinos (cello), Iago Ramilo (saxo), Marco Maril (electrónica) e Fran Rodriguez Casal (visuais) nos que celebran a memoria colectiva da aldea de Traspielas en Fornelos de Montes, a través dunha obra musical, poética e visual. O espectáculo, que se estreou oficialmente no MUMI, parte de pezas tradicionais recollidas na aldea de Traspielas, de onde é orixinaria Su Garrido Pombo, entre a súa familia e veciñas, e complétase con proxeccións de imaxes actuais e de videoarquivo, e as achegas de intérpretes de recoñecida traxectoria e de estilos diversos como a electrónica, a experimentación, e a música tradicional que conflúen nesta nova proposta para crear unha obra actual que ten como obxectivo dar nova vida ao repertorio tradicional a través dun formato artístico multidisciplinar e contemporáneo que pon en valor a comunidade e a cultura popular dun territorio. O proxecto foi creado nas Residencias Mariñán 2024 promovidas desde a Deputación da Coruña.

O resto dos showcases da xornada foron concertos abertos ao público xeral no Paseo da Corredoira de Tui onde actuaron as bandas galegas Alana e Ruxe Ruxe e a proposta de electrónica portuguesa Surma, e no Teatro Municipal da vila tudense que acolleu os espectáculos do galego Quico Comesaña e a formación de músicas tradicionais de Portugal Cardo Roxo. Mañá a xornada de showcases traeranos as músicas instrumentais de Rogério Cardoso Pires, o folk de Os D’Abaixo, a mestizaxe de Jhon Douglas, o indie de Miss Universo, a proposta mestiza dos cataláns El Pony Pisador como colaboración coa Fira Mediterrània de Manresa, e as músicas urbanas de Amoebo, como representate da nova fornada de talentos musicais que están a agromar no noso país.

Relacionadas

O BNG avanza unha vintena de encontros veciñais por un novo modelo de mobilidade...

0
A fronte nacionalista vai percorrer os barrios e parroquias coa súa campaña ‘Máis buses, menos multas’ ante a “oportunidade” que abre a fin da...

A vicepresidenta da Deputación acude á 3ª Edición do Congreso Internacional de Automoción e...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acudiu hoxe á 3ª Edición do Congreso Internacional de Automoción e Mobilidade, o Automob Summit, que...

O Concello de Nigrán ofrece mañá unha visita guiada ao bosque fósil de...

0
Será o mellor momento nos vindeiros 20 anos para poder apreciar estas árbores petrificadas que datan de entre 5.000 e 10.000 anos de antigüidade,...

0
MOCHILAS VIBRATORIAS PARA QUE AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE AUDITIVA GOCEN DAS FESTAS DO CRISTO● As mochilas deberán pedirse por Rexistro Xeral antes do venres...

Luis López destaca a importancia da colaboración entre administracións para executar investimentos clave como...

0
O presidente provincial, xunto coa vicepresidente Rafa Domínguez, visitou o centro educativo de Príncipe Felipe para comprobar o remate das obras de mellora da...

O PP solicita a reactivación das hortas urbanas da Parda e Monte Porreiro

0
• Os populares denuncian o “completo estado de abandono desde hai máis de dous anos” en 59 bancales do total de 78 que existen...

Publicacións Relacionadas