Gran acollida da oitava proba de ‘Eureka Reto Rural’. Más de 300 persoas aceptaron o reto de EuRural e Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño de achegarse á historia e o patrimonio de Gondomar dunha maneira diferente, amena e divertida. A través de diferentes probas e desafíos e con moita habilidade e imaxinación e da man de Diego Sarmiento de Acuña, Conde de Gondomar, os equipos participantes realizaron un percorrido de esquina a esquina pola tradición e cultura local.
O equipo ‘Lapandi’ foi o máis rápido en terminar o escape room e o gañador dunha saída nun tradicional barco ‘Piueiro’ con visita guiada ás redes de Garda e degustación de produtos típicos con sabor a mar. Doutra banda, ‘As Raras’ foi o equipo gañador do lote de produtos galegos de Alimentación María sorteado polo Concello de Gondomar.
Esta fin de semana hai cita dobre con xogos de escape na Roseira o venres 12 e en Fornelos de Montes o domingo 14.

