O inicio da ruta foi todo un éxito coa visita dun gran número de persoas que chegaron tamén dende outros puntos da provincia ademais do país veciño Portugal.
Balance máis que positivo dos dous primeiros días da III Ruta Pinchoterra. A hostalaría de Salvaterra de Miño superou as cifras do primeiro xoves e venres da pasada edición, un total de 3000 pinchos, e neste 2026 xa superou os 5000 pinchos servidos.
Unha das claves do éxito desta ruta ademais da cantidade de establecementos adheridos é a variedade de propostas gastronómicas con opcións vexetarianas, veganas ou sen glute para chegar a todo o público.
O Concello de Salvaterra de Miño que continúa apostando un ano máis por este tipo de iniciativas, valora o bo facer da nosa hostalaría e a calidade do produto ofertado, salientando que o público procedente do noso concello e doutros da zona da provincia e do país veciño encheu as rúas de Salvaterra de Miño e as parroquias durante a xornada do xoves e venres.
Recordamos que a III Ruta Pinchoterra ten lugar todos os xoves e venres ata o 1 de maio e conta cun sorteo de máis de 30 premios. Aquelas persoas que participen poderán gañar un primeiro premio de 200 euros, un segundo de 100 e un terceiro de 75 euros para consumir nos locais adheridos, 24 premios máis aportados polos establecementos e 10 Bonos para o Espazo Termal de Teáns-Oleiros.
Para participar cada consumidor deberá recoller o seu pasaporte nos locais adheridos e conseguir un total de 4 selos (4 pinchos diferentes), cubrir os seus datos persoais e contestar cal foi o seu pincho favorito.
Toda a información referente á ruta como horarios, locais, ubicacións, pinchos e sorteos pode consultarse na web pinchoterra.concellodesalvaterra.com



