HomePontevedraPonte CaldelasMáis de medio milleiro depersoas protagoniza unha sonora pitada contra a proposta...

Máis de medio milleiro depersoas protagoniza unha sonora pitada contra a proposta de crear un encoro no río Oitavén

- Anuncio -spot_img

Máis de 150 vehículos portando carteis contra o encoro circularon previamente á concentración polo centro de Ponte Caldelas para expresar o seu rexeitamento tamén ao trasvasamento de auga desde o río Verdugo

A pesar da intensa choiva que caía na xornada de onte, máis de medio milleiro de persoas déronse cita no centro de Ponte Caldelas para protagonizar unha sonora pitada contra a proposta de crear un encoro no río Oitavén e un trasvasamento desde o río Verdugo para subministrar unha maior cantidade de auga ao concello de Vigo e a súa zona de influencia.

A mobilización iniciouse ás 11:30 horas da mañá coa concentración de máis de 150 vehículos nas inmediacións do Centro Sociocultural de Forzáns para que veciños de Forzáns, Gaxate, Caritel, Berducido e Vilán baixaran accionando ás bucinas dos seus coches no traxecto ata Ponte Caldelas e unirse aos veciños que os agardaban xa na rúa da Ponte para protagonizar a protesta.

Unha ringleira interminable de coches entrou en Ponte Caldelas pola estrada PO-255 facendo sonar de xeito atronador os claxons dos seus vehículos conminando aos demais conductores a sumarse a esta mostra de rexeitamento ao encoro.

Segundo os convocantes, “a idea que queriamos conseguir con esta ringleira de coches era amosarlle á xente o enorme muro de formigón de 333 metros que suporá a construción do encoro en Forzáns no medio dun auténtico paraíso natural cheo de carballeiras, especies autóctonas, flora e fauna endémica que desaparecía por completo de prosperar esta proposta”.

Unha vez que a caravana de vehículos foi estacionada no Chan da Barcia e nos demais estacionamentos disuasorios da vila os veciños concentráronse nas inmediacións da ponte vella de Ponte Caldelas que quedou ateigada por completo de xente o que derivou nunha manifestación espontánea polo centro da vila para rematar coa lectura dun comunicado a cargo da presidenta da Asociación de Veciños de Forzáns, Pilar Fernández Álvarez.

“SI OS FRANCESES NON PUDERON CON NÓS, TAMPOUCO O VAI FACER UN ENCORO”

Na súa alocución, a presidenta da Asociación de Veciños de Forzáns agradeceu a presenza dos concentrados “pola vosa valentía ao desafiar a choiva e o mal tempo e estar aquí defendendo o río e a nosa vida. Esta é a primeira mobilización de protesta, pero non vai a ser a única. Si non puderon con nós as tropas de Napoleón hai 200 anos tampou o vai facer un encoro”, en clara referencia ao protagonismo que as Alarmas de Forzáns tiveron no ano 1809 na Guerra da Independiencia en Ponte Caldelas e que se conmemoraba coa Festa da Batalla.

Durante a protesta os veciños berraron consignas como “Caballero escoita o Oitavén está en loita”; “río si, encoro non”, “o río é para coidalo e non para escarallalo” que foron coreando durante toda a xornada que se desenvolveu de forma ordenada e totalmente pacífica contando coa solidariedade de residentes en Ponte Caldelas e de automobilistas que ao seu paso accionaban continuamente o claxon en solidariedade cos concentrados.

Publicacións Relacionadas