Home Pontevedra Deza Máis de mil cans de catro países compiten dende mañá nos concursos...

Máis de mil cans de catro países compiten dende mañá nos concursos de beleza canina que acolle a Feira Internacional de Galicia ABANCA

- Anuncio -

• ATA O DOMINGO TERÁN LUGAR SEIS CONCURSOS NACIONAIS E INTERNACIONAIS NOS QUE PODERÁN VERSE EXEMPLARES DE PRETO DE 150 RAZAS

• TRÁTASE DE PROBAS DE MÁXIMO NIVEL NAS QUE DOCE XUÍCES DE ESPAÑA E PORTUGAL VALORARÁN A MORFOLOXÍA, MOVEMENTOS E CARÁCTER DOS PARTICIPANTES

O recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA acolle mañá e o domingo seis importantes competicións de beleza canina nas cales participarán máis de mil cans procedentes de catro países. Será nunha gran cita co mundo do can organizada pola Sociedade Canina Galega, a cal conseguiu un gran éxito de participación ao superar considerablemente as cifras do ano pasado, cando se reuniron no recinto 700 exemplares en competición.

En todas as probas xulgarase a morfoloxía, movementos e carácter dos cans, os cales proceden de máis de vinte provincias de España e tamén de Portugal, China e Estados Unidos. En canto aos exemplares destes dous últimos países, trátase de cans que están a facer campaña en España con participación en distintos concursos e que son presentados por handlers españois, mentres que os cans dos restantes países son mostrados polos seus propietarios ou handlers nacionais.

Serán un total de doce xuíces de España e Portugal os que avalíen aos cans participantes, o cales pertencen a preto de 150 razas distintas, superando tamén as 118 que concorreron na pasada edición desta cita. Unha vez máis haberá razas habituais, pero tamén outras moi descoñecidas que chamarán a atención do público asistente e mesmo dos propios participantes.

En canto ás Exposicións, mañá será a quenda da 95ª Exposición Nacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA, mentres que o domingo disputaranse a 96ª convocatoria deste mesmo concurso e tamén a 42ª Exposición Internacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA.

Estas tres competicións, que celebraron as súas anteriores edicións no recinto o pasado mes de setembro, son de máximo nivel, xa que as Exposicións representan a categoría máis alta dentro deste tipo de concursos. O seu obxectivo é buscar aos exemplares máis semellantes aos estándares da Federación Cinológica Internacional (FCI) e así recoñecer aos mellores exemplares para a cría.

Nelas premiarase ao mellor can de cada raza en “Moi Cachorros”, “Cachorros”, “Xoven” e “Adulto”, os cales irán á final de grupo. Hai once grupos dos que sairán outros tantos gañadores, un por grupo. Entre estes once gañadores elixiranse os mellores do concurso, o Best in Show en “Moi Cachorros”, “Cachorros”, “Xoven”, “Veterano” e “Razas Españolas”. O campión absoluto será o Best in Show de Adultos.

Monográficos

A estas importantes probas uniranse nesta ocasión tres monográficos con categoría nacional, os cales se celebrarán mañá. Serán a IV Xuntanza do Mastín do Pirineo, organizada polo Club del Mastín del Pirineo de España (CMPE), a IV Monográfica B de Galicia do Teckel Club de España e o Concurso Monográfico do Bulldog Francés. En canto a esta última raza, os exemplares que participen o domingo na Exposición Internacional Canina poderán puntuar para a Clasificación da Asociación Española para el Fomento de la Raza Bulldog Francés, AEFRBF´21

Relacionadas

A Deputación leva ata A Estrada o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 18 de abril, ás 19:00 horas, no Museo do Moble e a Madeira...

A vicepresidenta Luisa Sánchez visita a Fundación Provincial do Banco de Alimentos de Vigo

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, xunto coa deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, visitou hoxe a sede que a Fundación Provincial...

Cannabis e cocaína, as substancias máis consumidas das persoas usuarias da Asociación Érguete en...

0
A maioría das persoas que accederon a entidade a través do seu Servizo Xurídico comezaron a consumir entre os 15 e 18 anos Unha das...

Zafarrancho de limpeza nas rúas Antón Vilar Ponte e Altamira

0
A Concellaría de limpeza viaria dirixida por Xaquín Moreda realiza esta semana un zafarrancho de limpeza nas  rúas Antón Vilar Ponte e Altamira.   Como vén...

O Concello de Nigrán inaugura o muíño de Porto do Molle este sábado con...

0
A festa, aberta a toda a veciñanza, terá lugar a partir das 11:30 horas coa presenza das 'Pandereteiras do Sobreiro', a proxección da curta...

O Concello de Redondela mantense firme na necesidade de recuperar o cargadoiro Coto Wagner

0
-A alcaldesa de Redondela e o novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo mantiveron esta mañá a primeira reunión oficial dende o relevo de...

Publicacións Relacionadas