Home Pontevedra Deza Máis de mil cans de catro países participan esta fin de semana...

Máis de mil cans de catro países participan esta fin de semana nas competicións de beleza canina na Feira Internacional de Galicia ABANCA

- Anuncio -

• EN TOTAL SERÁN SEIS OS CONCURSOS NACIONAIS E INTERNACIONAIS QUE SE CELEBRARÁN NO RECINTO FEIRAL, NUNHA CITA ORGANIZADA POLA SOCIEDADE CANINA GALEGA

• ÁS EXPOSICIÓNS SÚMANSE NESTA OCASIÓN MONOGRÁFICOS DE BULLDOG FRANCÉS, TECKEL E MASTÍN DO PIRINEO

• TRÁTASE DE PROBAS DE MÁXIMO NIVEL NAS QUE SE VALORARÁ A MORFOLOXÍA, MOVEMENTOS E CARÁCTER DE CANS DE CERCA DE 150 RAZAS

Máis de mil cans de cerca de 150 razas participarán esta fin de semana nas seis competicións de beleza caninas que terán lugar na Feira Internacional de Galicia ABANCA.

Será nunha gran cita co mundo do can organizada pola Sociedade Canina Galega, a cal conseguiu un gran éxito de participación ao superar considerablemente as cifras do ano pasado, cando se reuniron no recinto 700 exemplares en competición.

En todas as probas xulgarase a morfoloxía, movementos e carácter dos cans, os cales proceden de distintos puntos de España, Portugal, China e Estados Unidos. En canto aos exemplares destes dous últimos países, trátase de cans que están a facer campaña en España con participación en distintos concursos do país e que son presentados por handlers españois, mentres que no caso de España e Portugal, preséntanos os seus propietarios ou handlers españois.

O sábado 10 de xullo levarase a cabo a 95ª Exposición Nacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA, mentres que o día 11 terá lugar a 96ª edición de este mesmo concurso e tamén a 42ª Exposición Internacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA. Estas tres competicións, que celebraron as súas anteriores edicións no recinto o pasado mes de setembro, serán de máximo nivel, xa que as Exposicións representan a categoría máis alta dentro deste tipo de concursos. O seu obxectivo é buscar aos exemplares máis semellantes aos estándares da Federación Cinológica Internacional (FCI) e así recoñecer aos mellores exemplares para a cría.

Nestes concursos premiarase ao mellor can de cada raza en “Moi Cachorros”, “Cachorros”, “Xoven” e “Adulto”, os cales irán á final de grupo. Hai once grupos dos que sairán outros tantos gañadores, un por grupo. Entre estes once gañadores elixiranse os mellores do concurso, o Best in Show en “Moi Cachorros”, “Cachorros”, “Xoven”, “Veterano” e “Razas Españolas”. O campión absoluto será o Best in Show de Adultos.

Monográficos

A estas importantes probas uniranse nesta ocasión tres monográficos con categoría nacional, os cales se celebrarán o día 10 de xullo. Serán a IV Xuntanza do Mastín do Pirineo, organizada polo Club del Mastín del Pirineo de España (CMPE), a IV Monográfica B de Galicia do Teckel Club de España e o Concurso Monográfico do Bulldog Francés. En canto a esta última raza, os exemplares que participen o domingo na Exposición Internacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA poderán puntuar para a Clasificación da Asociación Española para el Fomento de la Raza Bulldog Francés, AEFRBF´21

Cerca de 150 razas

Nos concursos poderán verse unha gran diversidade de exemplares, xa que serán cerca de 150 razas distintas, superando tamén as 118 que concorreron na pasada edición desta cita da Sociedade Canina Galega.

Unha vez máis haberá razas habituais, pero tamén outras descoñecidas chamarán a atención do público asistente e mesmo de moitos dos participantes. Algunhas delas serán Braco de Wiema de Pelo Curto, Husky Siberiano, Golden Retriever, Labrador Retrieves, Samoyedo, Can de Augas Español, Can Lobo Checoslovaco, Saluki, Alaskan Malamute, Bullmstiff, Pastor Garafiano, Can Chinés Crestado, Shih Tzu ou Russkiy Toy, atopándose entre as máis minoritarias algunhas como Komondor, Welsh Corgi Pembroke, Thai Ridgeback Dog ou Laika de Yakutia.

Para a avaliación destes exemplares estarán presentes un total de doce xuíces especializados de España e Portugal.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas